ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN DE CELSO BORGES : “HAI QUE SER AGRADECIDO NA VIDA E NON TEÑO NINGÚN PROBLEMA CA DIVISIÓN, ESTOU NO DEPOR”.

 

Celso Borges pasou por rolda de presa, a primeira dende que chegou a Coruña, “supermotivado e feliz”, como é poñía nas suas redes sociais o pasado día 23. O “tico”, que tivo un tempo extra no que arranxou todo o papeleo en Costa Rica e ademáis casouse.

Repiteu unha e outra vez o felíz e contento que se atopa aquí e ve o reto deportivo coma “un reto moi lindo levar o Deportivo a onde se merece”.

Celso Borges Mora (San José, Costa Rica, 27 de maio de 1988) foi presentado esta mañá como xogador do Deportivo.

Acompañado de Richard Barral, Director de Fútbol, o mundialista posou en primeiro lugar para os medios gráficos no espazo habilitado para tal fin na Cidade Deportiva.

A continuación, conta que viviu “ansioso” os días previos do seu regreso ao Dépor, con todo o tema burocrático: “Estaba ansioso de vir acá unha vez que se concretaron todos os detalles. Xa quería facer todo o papelorio rápido en Costa Rica para estar o máis rápido posible. Estar aquí cun sorriso de orella a orella representa moi ben como síntome con este Club, con este sitio”.

Asegura que volve ao Deportivo, aínda en Segunda División B, porque “aquí son feliz, aquí atópome ben. É un lugar que sempre me trataron moi ben, tanto a xente do Club como a xente de fóra. Síntome moi ben na cidade. Á miña esposa e aos meus pais encántalles”. “Hai que ser agradecido na vida cunha xente, unha cidade, un Club que a min me deu a oportunidade de ter unha bonita etapa. Non teño problema en xogar nesta división porque estou a xogar co Deportivo”, engade.

Cualifica o reto do Dépor como “enorme. Eu véxoo como unha oportunidade moi linda para volver levar ao Dépor onde ten que estar”.

O internacional costarriqueño atopouse un grupo con “moi bos xogadores, moi boas persoas. Imos ter máis tempo de coñecernos, imos ir facéndonos máis compañeiros. Pero é un grupo san. Estamos ben. Este ano vai marcar a diferenza o grupo que estea mellor. Nesa parte se nos logramos manter focalizados nun mesmo obxectivo, estamos para conseguilo”.

A nivel de sensacións, e despois do amigable celebrado en Vilalba o pasado sábado, Celso apunta que “hai calidade, moita calidade. Pero se de algo aprendín co paso dos anos é que os xogadores con calidade teñen que facer un bo grupo. Se logramos conxuntar todas esas habilidades para un ben colectivo, vai ser xenial. Hai material para facelo e agora só fáltanos ser solidarios entre cada un para poder levalo a cabo”.

Confesa que “da miña parte estivo toda a intención” para vir ao Deportivo o pasado mes de xaneiro. “Nese momento non se deron as cousas. Deus así o interpuxo. Eu estou contento de estar aquí agora. É unha situación diferente á de xaneiro. De aquí só para arriba”, puntualiza.

Asume a responsabilidade no vestiario de ABANCA-RIAZOR: “Sei que todos temos unha responsabilidade este ano, pero os que traemos un pouco máis de bagaxe si que temos que dar un paso á fronte e achegar en todas as áreas que se nos pida. Sós non podemos. Necesitamos o apoio de todos”.

Con experiencia na máxima categoría do fútbol español, Mundiais, Copas América… Celso Borges advirte de cara á temporada que “só coa camiseta non gañamos. Temos que ser capaces de tirarnos no lodo tamén. Hai que aceptalo. Estamos nesta categoría e haberá que xogar bonito ou feo pero o importante é sacar os puntos. Hai que loitar. O respecto que che poidan ter ao principio… si. Pero cando pita o árbitro acabouse todo iso. Temos todos que manter o noso compromiso, loitar e igualar o ímpeto a todos os equipos para impoñernos nós. Non vai ser fácil, pero podemos facelo”.

 

A nosa máis agarimosa benvida a un bo xogador e un bo tipo…que teñas boa proa!!!.

 

Empate do Fabril co Compostela

Na mañán deste mércores, tal como vos adiantamos no día de onte, o Fabril de Juan Carlos Valerón e Manuel Pablo xogaba un amigable contra o Sompostela que xogará no grupo do Depor na 2ª B. Os fabrilistas plantaron cara e acadron unha merecida igualada que puido ser unha vitoria. O encontro foi presenciado por Fernando Vázquez e varios xogadores do primeiro equipo. 

 

-Foto, Texto e Vídeo : piratasdemuxia/RC Deportivo