ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN DE CARLOS ABAD : “Pola nosa cabeza só pasa ascender a Segunda División, que é onde o equipo debería estar agora mesmo”.

 

O novo porteiro do RC Deportivo, Carlos Abad, pasou por rolda de prensa en Abegondo, como o fixo días atrás, Borja Granero. 

O meta tinerfeño amosouse contento de estar no Depor e dixo que : “Non importa o formato da competición, pola nosa cabeza só pasa ascender a Segunda División, que é onde o equipo debería estar agora mesmo”.

Sobre o paso ao Depor a pesares de estar en 2ª B dixo que : “Nin sequera tiven que mirar a categoría. Ti pensas no Dépor e pensas nun dos grandes de España. Non houbo dúbidas de vir en ningún momento”.

Premendo no vídeo tes todo o que falou.

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia

Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies