Esta mañán de xoves 9 de Febreiro, pasou por rolda de prensa o derradeiro xogador en chegar no mercado invernal, Arturo Juan Rodríguez Pérez-Reverte (Cartaxena, Murcia, 30 de abril de 1989), para nós Arturo “Pérez Reverte”, sobriño do gran escritor e que xa quixéramos que él en fútbol dese un 1 % do que o seu tío deu e da a literatura española.
O cartaxinés que a semana pasada non puido ir na convocatoria o ter que cumprir acumulación de cartóns, terá a oportunidade, se Óscar Cano o decide, de debutar contra o seu ex equipo, o San Sebasián de los Reyes, no campo no que xogou as derradeiras duas tempadas e media.
Pérez Reverte amosouse moi contento de chegar o equipo deportivista, e a pesares dos seus cáseque 34 anos, (fainos en dous meses e medio), chega coma un rapaciño pequeno e ve esto coma unha oportunidade, cando conta como recalou nas filas deportivistas : “Unha pouco tolemia. O día antes do peche chamaron ao meu axente. Que querían un xogador do meu perfil, que ao adestrador gustáballe e foi todo moi rápido. Un pouco shock ao principio, por cambiar o último día… pero a un club como o Deportivo non se lle pode dicir que non. O Sanse portouse moi ben comigo porque tamén sabían que era unha gran oportunidade”.
Arturo contou que o mesmo día da sua fichaxe, Óscar Cano, chamouno e explicoulle cal era o papel que quería dél, e çél amosouse disposto, pois coñece como vai esta categoría, na que xogou 284 encontros : “Creo que as claves no último tramo de tempada é ser un equipo moi competitivo fóra de casa. Por sorte ou por desgraza, a categoría é moi de duelos, de disputas. E a extramotivación que levan os rivais hai que contrarrestala. Haberá sitios nos que non se poida xogar tan ben e haberá que ser competitivos, pechar a portería e decantar os encontros co talento que temos arriba”.
Dixo o que espera do seu ex equipo este Domngo 12 de Febreiro a partires das 12:00 horas, 811:00 GMT), televisado por Insports TV , encontro para o que se espera unha gran afluencia de deportivistas, con máis de 1.000 nun campo que anda polos 3000-4000 por partido: “Espero a un equipo moi competitivo. Saíu da fochanca negativa e están con confianza. Hai varios xogadores en bo momento e en casa tratarán de ser un rival incómodo como xa o fomos en Riazor na primeira volta”.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia