ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN DE ANQUELA.

Anquela foi presentado e chega con moita ilusión

(O vídeo ca rolda de prensa completa nos nosos “Vídeos Recomendados)

Juan Antonio Albacete Anquela (Linares, Xaén, 11 de setembro de 1957) foi presentado esta tarde como novo adestrador do RC Deportivo para a Temporada 2019-20.

O Presidente Paco Zas deu en primeiro lugar a benvida ao técnico andaluz e indicou que cumpre “as características que lle pedimos a Carmelo (del Pozo, Director Deportivo): un adestrador con gran experiencia, con coñecemento da categoría total, que transmite carácter e intensidade e un adestrador que non teña medo a traballar coa canteira”. “Esperemos que sexa un punto de partido ilusionante para todo o deportivismo. A súa sorte vai ser a de todos os que conformamos o deportivismo”, concluíu o máximo dirixente branquiazul.

A continuación, Juan Antonio Anquela púxose a disposición dos medios de comunicación.

En primeiro lugar, confesa que afronta a chegada ao Dépor “cunha ilusión tremenda. Vin aquí por un proxecto deportivo que me atrae profundamente. Para calquera adestrador é unha ilusión tremenda e un luxo adestrar a este club. Veño con estas ganas e con esta forza para tentar desde o minuto cero que o Dépor estea onde se merece. E onde se merece non fai falta nin dicilo, sábeo todo o mundo”.

Asegurou que despois da decepción de Mallorca do pasado mes de xuño, “o Dépor vai saír adiante. Hai unha base sólida. É un equipo que estivo loitando até o último segundo por subir a Primeira División. Estou convencido que o ano que vén ímolo a conseguir. ¿Como? Xa sabedes todos como é a Segunda División e como hai que facelo. E nós ímolo a pór en práctica desde o minuto cero. Se temos a sorte necesaria, creo que podemos volver ver ao deportivismo ilusionado. Vin os dous partidos da liguiña, como estaba este estadio e este estadio merécese estar así sempre. Iso hai que conseguilo e creo que o imos a conseguir. O primeiro obxectivo é volver ilusionar a esta xente que no último partido a desilusión foi grande”.

Preguntado canto tempo levoulle decidirse a dar o si ao Deportivo, Anquela foi rotundo: “¿En decidirme eu? Cando Carmelo me chamou estaba decidido. Estamos a falar do Deportivo. Aquí non podemos pór panos quentes. Eu vin por un proxecto deportivo. Nada máis. Cando me dixeron Deportivo, todo apartouse. No tema contractual tiñámolo todo atado desde o primeiro momento”.

Indicou que lle gustaría “manter a base que hai aquí. E esperemos que se poida. E se non, xente implicada, xente que queira dar ao Deportivo o que a súa afección pide. E a súa afección pide unha cousa moi simple, que o Deportivo ten que ser un equipo gañador. Temos que saír a tentar gañar. Pero xa sabedes o que é a Segunda División, complicada onde a haxa. Temos que adaptarnos canto antes ao que hai. O Dépor sempre será o rival a bater, e iso témolo moi claro”.

Recalcou que non ten asinado un segundo ano en caso de ascenso: “Témolo moi claro, isto hai que gañalo. Téñoo moi claro no fútbol. O contrato hai que gañalo ano a ano. En todos os equipos nos que estiven non asinei un segundo. Asinei nun e non valeu para nada. Aquí hai que gañalo. Gústanme os retos. É o que máis me gusta e o que máis me atrae. O que teño que facer é traballar como fixemos sempre e a ver se temos a fortuna necesaria e estamos ao nivel que require este equipo”.

Non ten previsto solicitar á Dirección Deportiva ningún xogador específico, aínda que advirte que “primeiro hai que saber que o Dépor necesita cousas urxentes. Cando esas urxencias se cubran, xa pensaremos. Seguro que o Dépor vai facer un cadro competitivo e un equipo que vai dar moita guerra porque non podemos permitirnos outra cousa”.

Lembra que o actual equipo, “este ano estivo aí todo o ano. E faltoulle un tris para estar en Primeira División. O equipo non é sospeitoso. É un cadro máis que preparado para conseguir o que verdadeiramente se quere, cun ano máis e coa experiencia de saber o que é esta categoría. Cada partido é unha batalla que hai que librar como corresponda. Nós queremos un equipo que vaia desde o inicio a por o partido, que vaia a gañar e logo o fútbol xa sabes como é. Nunca 2 e 2 son 4, ou case nunca”.

Nesta liña, subliña que “me gustaría chamar a moitos futbolistas para que queden. Isto é moi bonito e o que se queira ir vaino a perder. Pero hai outras cousas. No fútbol hai que cadrar contas e outras cousas. Á miña esquerda teño a Carmelo que o vai a arranxar, e seguro que ben”.

Apunta que “agora mesmo temos a 21 xogadores. Hai xente suficiente. Empezamos o día 15 pola mañá. Empezaremos a traballar e miraremos cara a adiante cunha ilusión posta no que queremos, que non é outra cousa que formar un bo equipo que compita e que sexa capaz de estar arriba desde o primeiro partido”.

Sostén que o diñeiro en Segunda División “inflúe, pero eu tiven a sorte de xogar liguiñas de ascenso con equipos que de ningunha maneira ninguén pensaba que ía conseguir eses retos. O diñeiro é importante pero non é unha cousa definitiva. O único que hai que facer é un equipo de fútbol, e un equipo de fútbol empeza na sala de prensa todos xuntos, onde traballemos todos xuntos, na sede todos xuntos. Iso é un equipo de fútbol e iso é o que hai que tentar conseguir. Todos xuntos podemos formar un equipo poderoso”.

A pretemporada, para Anquela, está deseñada de maneira “moi fácil. Aquí vivimos preto do paraíso. ¿Onde vas ir aquí? En Abegondo mañá, tarde; e non hai máis. A adestrar e a gozar do que tanto traballo custou facer. O que hai alí non é fácil telo. É unha Cidade Deportiva de Primeira División. Hai que gozala, sacarlle o máximo rendemento. ¿Para que vas ir a ningún sitio se aquí tes o mellor?”.

Abaixo na portada da web tes o vídeo completo nos nosos “Vídeos Recomendados” así coma tódolos vídeos que colga o Depor. A rolda de prensa que aquí vos traemos resumioda é unha xentileza de rcdeportivo.es

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es