ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN DE ÁLVARO REY : “LEVO TEMPO COQUETENDO CO DEPORTIVO, SEMPRE ME ENCANTOU ESTE CLUBE”.

 

 

O sevillano, Álvaro Rey, derradeira incorporación do Depor, que vestirá a camisola número 21, e que chega ata final de tempada, e podería ampliarse a unha tempada máis se o equipo ascende a Segunda, ou por rendemento, amosouse moi contento de “por fin” recalar no equipo branquiazul, ao que segundo él mesmo, estivo a punto de vir, pero sempre se quedou as portas. Desta volta tiña ofertas de Segunda División e outras, pero non o pensou duas veces e decideu atender a chamada deportivista, e considera o clube, “un equipo de Primeira” :

“Levamos un tempo xa. Como dicía o presi, levamos tempo nun idilio co Deportivo. Que se veño, que se non veño. Estiven a piques de vir no verán e agora foi a miña prioridade. Tiña unha oferta de Segunda e algún interese máis, pero levo tempo coqueteando co Deportivo. Sempre me encantou este club. É de Primeira aínda que por desgraza estea na situación que está en canto a categoría”.

Di atoparse mellor do que esperaba, tralos primeiros adestramentos co grupo. Ante o Talavera foi convocado, estivo quentando na banda, pero ao final non chegou a debutar, xa que Borja Jiménez, só fixo dous trocos : “Atopeime mellor do que esperaba. Ao final levo tempo sen competir, desde que acabou a liga en Bolivia. Pero seguín adestrando en Sevilla practicamente todos os días. Iso serviume para ter unha boa base. Aos poucos irei mellorando e o que me falta é coller ritmo de competición, poñerme a ton cento por cento”, dixo o extremo andalúz, que desexa que chegue sábado para xogar no amigable en Ponferrada, para poderse calibrar.

Non escondeu para nada a sua ledicia de estar no Depor, como xa o ven facendo nas redes sociais dende que deu o si, pero é conscente de que tal e como vai o equipo será moi difícil facerse un sitio : “Vir ao Dépor cando es futbolista profesional é chegar a un grande do fútbol español. Ademais, vir aquí con bos amigos, (Borja Jiménez, Álex Bergantiños ou Mackay, cos que formou parte en equipos anteriores), xogando é aínda mellor. Sei que vai ser difícil xogar, porque todos están a un nivel alto, pero vou poñerme ao meu nivel e logo que o míster decida. E se non, a sumar no vestiario para facer algo bonito”.

-Foto, Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia