ROLDA DE PRENSA : “PACO ZAS FALOU DE TODA A ACTUALIDADE DE DO CLUBE E NELA DA CONTINUIDADE DE ANQUELA”

Riazor.org deu en direto a rolda de prensa.

Paco Zas saeu en rolda de prensa trala pitada monumental de onte no penoso encontro do Depor ante un froxo Mirandés que pouco precisou para complicarlle as cousas o equipo branquiazul e para levarse un merecido punto.

O presidente deportivista sobre a continuidade de José Antonio Anquela : “Anquela non dispuxo de todo o equipo. Traballou nunhas circunstancias que non son as idóneas. Un home coa súa experiencia e a confianza que segue tendo neste proxecto, para min non sería xusto tomar medidas neste aspecto…En el fútbol sabemos que la confianza es fundamental. Los jugadores están jugando con una gran falta de confianza. Digo más, para mí, aunque seamos el sexto en tope salarial, es un puesto que no se corresponde, para mí, tenemos que estar por encima de esa sexta posición”

Amosou a sua confianza tanto en Anquela coma en Carmelo del Pozo, outro dos que oeu o descontento da grada co berro de “Carmelo vete ya” : “Evidentemente se perdes dez partidos seguidos tes que tomar medidas. Pero sigo dicindo que estou seguro de que a situación vai mellorar. Pero o posto de Anquela depende de que os xogadores dean máis e teñan a confianza para xogar como saben xogar. E en Carmelo teño plena confianza”. Dixo que onte non falaron nada e que lle fixeron chegar a Anquela que : “teña forza e ilusión e que está capacitado…non é un adestrador novato”.

Nota falta de confianza nos xogadores pola situación : “No fútbol sabemos que a confianza é fundamental. Os xogadores están a xogar cunha gran falta de confianza. Digo máis, para min, aínda que sexamos o sexto en tope salarial, é un debido a que non se corresponde, para min, temos que estar por encima desa sexta posición”.

Tras falar das facilidades que deu Pedro Mosquera para sair por mor do tope salarial, que foi extraordinaria, ao igual ca con Fede. Dixo que había 4 xogadores que copaban a metade do tope salarial e que Carmelo pasouse a pretemporada convencendo a varios xogadores para que esperasen as saidas.

Tamén tivo tempo de criticar a actuación do VAR co Depor ao que lle pitaron un “seudo-penalti” ante o Albacete, logo non se lle pitaron dous ante o Cadiz e onte un fixo e un que había que miralo : “Onte puidéronnos pitar dous penaltis a favor, e en Cádiz igual. Para min todo conta. Se na primeira xogada que chegamos pítannos un penalti a favor, se cadra cambiaba todo”.

Falou das accións que o apoiaron que non foron todas de Tino, que houbo moitos milleiros de accionistas que tamén o apoiaron, que “Tino ten un bo paquete pero hai moitos milleiros de pequenos accionistas”. tamén comentou a pregunta de un grupo de accionistas que poderían pedir novas eleccións  e dixo que “son moi libres de facelo se o ven pertinente”, pero considera que é un intre de evitar a “crispación e que todos apoiásemos o equipo”.

Explicou que estivo en Panamá nunha viaxe para “buscar recursos económicos para o clube”.

Segundo Zas o clube non ten problemas nen para esta tempada nen para a seguinte : “Todos sabemos que a fiscalidade da liga é moi estrita. O Deportivo a día de hoxe non teñen ningún problema para terminar a tempada e iniciar a seguinte. Houbo moitos casos no verán que se dubidou de certos equipos á hora de inscribir xogadores. Non vou hipotecar nin o ano que vén nin a segunda parte desta pretemporada”.

O Depor segundo comentu pagará este ano a ABANCA 4,5 millóns de euros e en anos vindeiros tería que pagar unha cifra superior, esté en Primeira ou Segunda.

Cré que hai xogadores que “non están dando o nivel que teñen e que en canto collan confianza se verá os xogadores que son en realidade”.

-Comentarios do presidente Paco Zas sacados da rolda de prensa de www.riazor.org, así como a foto de captura de pantalla.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

 

 

 

 

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies