ROLDA DE PRENSA : LUIS RUIZ PRESENTADO COMO NOVO XOGADOR DO DEPOR 2019/20.

 

Luis Ruiz foi presentado como novo xogador do Depor 2019/20 e na sua comparecenza dixo que o interese xa é cousa de fai un mes, dende que rematou oficialmente a tempada pasada. Xa Carmelo del pozo dixo en máis dunha ocasión que o lateral esquerdo xa estaba e que viría cando fose o intre de que viñese. E así foi…trala saida de Pedro Mosquera, que con toda probabilidade xogará no Huesca a vindeira temapada, quedou aberto marxe para fichar e poucas horas despois xa Luis Ruiz, (Huelva, 30 de xuño de 1992), estaba na Coruña e pasaba o pertinente recoñecemento médico para logo ir a adestrar cos seus novos compañeiros.

Non son farándulas e o propio Luis Ruiz decíao esta mañán na rolda de prensa de presentación en Abegondo : “O interese do Depor por mín apareceu a principios de Xullo. Tiña outras operacións abertas pero cando che chama o Dépor hai que aproveitar a oportunidade. Chego con moita fame e vou dar todo polo club. Ao terminar en Lugo decidín non renovar e buscar outras opcións. Varios clubs da parte alta da clasificación chamaran aos meus axentes, pero o Dépor era a mellor opción. Recibino con moita ilusión. Desde que recibín esa chamada, non pensaba noutra cousa que non fose xogar aquí”.

O onuvense ante a pregunta de comno se definiría como xogador dixo que lle : “gusta subir a banda, ser responsable en defensa, tácticamente ben situado, intenso e despois subir e centrar”, que tamén falou de que ven cun ano de contrato e con opción a renovar por número de encontros xogados, pero que nen pensa en eso pois : “veño a tentar de xogar o número máximo de encontros posible”.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

 

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies