ROLDA DE PRENSA E PRESENTACIÓN DE PABLO TRIGUEROS : “O Dépor é un equipo no que todo o mundo quere estar”.

 

Pablo Trigueros pasou por rolda de prensa e presentación individualizada, coma o están a facer cada día e por írde as novas caras do Depor 2021/22.

O central deportivista , que dixo que xa tivo a oportunidade de vir o ano pasado, amosouse contento de chegar o clube branquiazul e esperando asentarse nél e poder competir a vindeira tempada na 2ª División no clube, do que dixo que : “O Dépor é un equipo no que todo o mundo quere estar. O ano pasado xa tiven a oportunidade e non vin principalmente polo tema do COVID”…Pero desta volta decantouse por vir a Cpruña : “Entre que coñezo ao míster, gústame o equipo e vía que se poden facer cousas bonitas, decanteime”…Sobre o clube e a sua infraestructura a pesares de estar fora do fútbol profesional, dixo que : “Non ten nada que envexar aos de Segunda. É un dos máis profesionais nos que estiven”. 

Explicou o porque de un ano só de contrato : “Foi o que propuxo o club e o que eu quería. Veño coa intención de ascender e o meu obxectivo é estar o ano que vén aquí xogando co Deportivo en Segunda”. Da man do que xa foi técnico seu no Rápido de Bouzas. «Coincidín con Borja nunha etapa moi bonita, na que ninguén esperaba nada de nós. Coñecémonos á perfección, estou contento de estar aquí con el e espero que sexa outro ano bonito como aquel”.

Sobre a presión da necesidade de ascender comentou que : “Sempre se fala de que o obxectivo é o ascenso, pero como te obsesiones ao final non consegues nada. O importante é ir sumando puntos porque imos ir a campos dificilísimos e moi diferentes”.

Tamén falou sobre o estreo en Riazor co gallo do “LXXVI  Teresa Herrera” : “A ver esta semana como estamos en Riazor. Xa adestraremos o xoves alí e eu contento por xogar nun estadio tan espectacular”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies