ROLDA DE PRENSA E PRESENTACIÓN DE CARLOS DONCEL : “O DEPORTIVO ESTÁ NESTA CATEGORÍA, PERO TEN QUE IR PARA ARRIBA CANTO PRIMEIRO MELLOR”.

 

Carlos Doncel, o derradeiro en chegar o RC Deportivo, pasou por sesión de fotos, presentación e rolda de prensa, e explicou o porque da sua chegada o clube branquiazul, cando había equipos de liga superior que estaban interesados nél : “Tiña contrato no Valladolid, tiña un ano máis, empecei a pretemporada e eramos moitos xogadores, empezamos 39. A miña intención era recalar noutro equipo, ter moitos máis minutos e cando me chamou o Deportivo, é o club que é, a pesar de ter outras posibilidades vin porque se onde veño, o obxectivo que ten o club. Foi unha decisión difícil pero creo que a correcta…. Había posibilidades dalgún Segunda, pero nada sobre a mesa nese momento, e o Deportivo tivo toda a confianza en min. Demostroumo así e tardei un día e medio en decidirme”.

Doncel que vestirá o 24, se temos en conta o vídeo do día da confirmación da sua fichaxe, coincidiu na súa etapa formativa con Edu Expósito e dixo que falou con él cando xa tiña pé e medio no Depor: “Falamos cando estaba todo case pechado, comentoume que ía estar moi ben aquí, que ía gozar moito”.

Di estar preparado para xogar, ainda que quedou fora da lista para o encontro ante o Castilla, o acabar de chegar : “Estou ben. Levaba uns días sen adestrar cando cheguei e decidimos adestrar sábado e non xogar. Esta semana traballarei co equipo e nestes dous próximos amigables poderei xogar algo xa co equipo”.

Manifestouse un xogador versatil, que pode xogar a perna trocada no interior, xa que afirmou haber xogado cáseque sempre por banda esquerda, a pesares de ser destro : “Toda a miña vida xogara en banda dereita ata estes dous últimos anos, que é cando me puido ver máis a xente. Sempre xogara pola dereita e recentemente estiven a banda natural, por iso podo adaptarme a ambos os dous lados. Son rápido, busco espazos ás costas e tamén me gusta asociarme”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia