ROLDA DE PRENSA E PRESENTACIÓN DE, ALBERTO QUILES : “SABEMOS O QUE SIGNIFICA O DEPOR, QUE TEN QUE ESTAR NOUTRA CATEGORÍA”.

 

Alberto Quiles Piosa, (Huelva, 27 de abril de 1995) foi presentado esta mañá como novo xogador do RC Deportivo para as dúas próximas temporadas.

Acompañado polo Presidente Antonio Couceiro, o dianteiro andaluz posou para os medios gráficos no campo principal da Cidade Deportiva cunha das bufandas oficiais que a recado se verá nas bancadas de ABANCA-RIAZOR cada fin de semana.

Xa ante os medios de comunicación, Alberto Quiles cualificou de “moi boa” a primeira semana de pretemporada, os seus primeiros sete días como xogador do Dépor: “O sábado, o último día, as pernas pesaban un pouco. É normal. Hai que coller ritmo para chegar á liga o mellor posible”.

De feito, confesou estar “con moitas ganas de que empece a liga e de que empecemos a competir, a tentar gañar os partidos”.

Aínda que non lle agrada definirse como xogador, o novo dianteiro deportivista apunta non obstante que a Alberto Quiles “gústalle ter o balón; necesita sentirse a gusto; tentar meter goles, que para iso estou aquí; e moitas ganas”.

Nesta liña, apunta que séntese cómodo “xogando arriba, de mediapunta porque me gusta recibir e entrar en contacto co balón. Eu o que quero é xogar. O ano pasado acabei mesmo de extremo dereito”.

Non promete cifra de goles, “os máximos posibles” apostila, e desfaise en eloxios para o seu novo Club: “Ten unha cidade deportiva incrible. ABANCA-RIAZOR impresionoume moito, nunca o vira. Estou súper feliz coa cidade, coa xente. Onte no día libre estiven de visita. De momento estou moi contento”.

Lembra respecto da presión que poida sentir na Coruña que procede “dun Club que é moi parecido a este, o Decano (Recreativo de Huelva). Tamén ten unha masa social moi grande, as esixencias son grandes, parecido a este. Veño un pouco afeito”. “Sabemos o que significa o Dépor, que merece estar noutra categoría pero a realidade é que agora está en Primera RFEF. Temos que loitar, temos que correr e traballar porque esta categoría é fodida”, engade o ariete branquiazul.

Explica que Borja Jiménez nestes primeiros adestramentos do Deportivo 2021-22 “pídenos moita presión após perda, ter balón, ser un equipo que queira gañar partidos, que leve a iniciativa. É a primeira semana, tampouco puidemos traballar moito”.

Sobre os obxectivos do equipo nesta nova Primera RFEF, prefire ser prudente: “Levamos unha semana xuntos. Aínda é un pouco pronto. Estamos a mentalizarnos un pouco. Queda moi lonxe o tema do ascenso. Temos que traballar moito para tentar estar entre os mellores”.

Insiste en que o grupo no que quedou encadrado o Deportivo, con algúns rivais de nome como Real Racing Club, Cultural Leonesa, Real Unión de Irún… “vai ser moi, moi difícil. Todos os equipos vanche a dar guerra. Gañar nesta categoría é moi complicado e máis en campos rivais onde algúns se encerran ou che presionan moito polas dimensións do campo ou por xogar contra o Dépor, que é un aliciente máis. Vai ser unha liga moi disputada”.

-Foto, Vídeo e Texto : RC Deportivo