ROLDA DE PRENSA E PRESENTACIÓN DE ADRIÁN LAPEÑA : “O CHEGAR NÓTASE QUE CHEGAS A UN CLUB GRANDE”.

 

 

Na mañán deste luns tocoulle a presentación e rolda de prensa a Adrián Lapeña,  o xogador deu a sua versión do que foi para él chegar o Depor, e as sensacións que viveu : “Nótase que chegas a un club grande, cunhas instalacións, un corpo técnico e uns empregados de moita calidade. A primeira toma de contacto foi moi boa, tamén cos propios compañeiros. É xente é moi aberta, moi social, desde o primeiro día están a axudarche. Agradecerlles o trato a todos e seguir por esta dinámica, que nos vai a ir ben”.

Destacou aos que levan máis tempo no clube : “Os xogadores que levan máis tempo aquí estannos poñendo as cousas moi fáciles, están a axudarnos moito e creo que ese é o camiño para poder facer un grupo compacto”.

Ten vraro o que espara dar o equipo : “O obxectivo é dar o mellor de min. Cando dás o mellor de ti é en beneficio dos demais compañeiros e do grupo. A competencia é boa para nós pero tamén, sobre todo, para o equipo, que é o máis importante”.

Falou tamén da sua polivalencia e o que representa : “Cando din de ti que es un xogador polivalente, creo que é bo, podes axudar ao equipo en varias zonas do campo. Hai que tomalo con naturalidade e tratando de axudar ao equipo o máximo posible”.

Desvelou que é o que lles pide Borja Jiménez : “O que nos pide o míster é que sexamos protagonistas, que busquemos a portería rival. As primeiras semanas estamos a traballar ben, tentando facernos coa idea do míster, así que imos traballar para iso, para os primeiros amigables que teñamos poñelo en práctica”.

Non quer oir falar de presión polo obxetivo único e claro do ascenso : “É algo que no fútbol existe, pero temos que deixala ao carón, ir día a día, cada partido é un novo. Virán momentos difíciles, que os teremos que pasar todos xuntos, pero cun equipo compacto e bo as cousas serán moito máis faciles”.

-Todo o que dixo telo escoitando o vídeo

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies