ROLDA DE PRENSA DO MAZARIQUENSE MIGUEL FIGUEIRA PREVIA O DEPORTIVO XUVENIL-BETIS DA “FINAL FOUR DA COPA DE CAMPIÓNS DE ESPAÑA DE XUVENÍS”.

Miguel Figueira manifestou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que en ANOSACANTEIRA “tanto Óscar (Gilsanz), como Manuel Pablo, como eu somos a cabeza visible pero aquí hai moita xente traballando detrás. Está moi ben estruturada. As instalacións mesmo se van a mellorar”.

Ademais, apunta que “cando vas a torneos internacionais, á Oviedo Cup por exemplo, saes vencedor. Cando vas a un torneo non é tanto formación senón máis unha competición porque queres chegar o máis lonxe. E ganas, ganas a rivais importantes españois, internacionais. E iso fai que os mozos estean máis preparados para saír a competir”.

En canto á semifinal da Copa de Campións deste xoves 29 de maio ás 20:00 horas (RFEF.TV) no Toralín de Ponferrada ante o Real Betis, desexa que “sexamos capaces de non deixarlles ter o dominio do partido e sexamos capaces de quitarlles o balón”.

Advirte que “imos ter que estar moi concentrados en calquera acción individual dos seus xogadores de mediocampo cara arriba. É un equipo talentoso, que xera moitas ocasións de gol durante o partidos pero nestes últimos partidos a UD Las Palmas fíxolles moitas ocasións e fíxolles goles”.

Así pois, quere “impor a nosa metodoloxía e ser capaces de quitarlles o balón”.

O técnico deportivista subliña que “a diferenza de nós que somos máis constante ao longo dos partidos, o Betis é un equipo de picos: pode estar a dominar durante 15 minutos, correndo durante 10 minutos, sufrindo sen balón porque se poden desestructurar. O que imos tentar explotar é o noso nivel medio de xogo. Temos claro que nun día moi, moi, bo do Betis é moi difícil frealos. Nalgúns aspectos parécense á nosa forma de xogar pero quizais é un equipo máis irregular. Creo que temos armas para facerlles dano. E niso estamos a traballar”.

Conclúe que “cantas máis cousas boas pasen no partido irá ao noso favor. Se o partido é irregular e non estamos cómodos, será favorable a eles”.

-Foto, vídeo e texto : RC Deportivo