ROLDA DE PRENSA DO MAZARIQUENSE, MIGUEL FIGUEIRA, PREVIA A ELIMINATORIA DA COPA DO XUVENIL DEPORTIVISTA CO ATHETIC CLUB.

 

O do primeiro equipo en Tenerife, (21:00 hora peninsular/20:00 GMT e Canarias) non é o único encontro dos deportivistas o vindeiro mércores 29 de Xaneiro. Tamén saltará o campo un unhas horas antes en Lezama, (Bilbao), a partires das 17:30 horas, (16:30 GMT), o Deportivo Xuvenil que adestra o mazariquense, Miguel Figueira, nos Oitavos de Final da Copa do Rei Xuvenil, eliminatoria ante o Atlhetic Club e que será a encontro único. No vídeo as verbas do adestrador do primeiro equipo xuvenil deportivista, o mazariquense Miguel Figueira.

Os branquiazuis son o único sobrevivente do Grupo 1º na Copa posto que o Celta, Sporting de Gijón, Real Oviedo e Real Racing Club caeron eliminados. Do mesmo xeito que na primeira rolda, a eliminatoria de oitavos de final será a partido único en Lezama.

Athletic Club e Dépor (na foto da noticia) víronse as caras tamén en Lezama nos dezaseisavos de final da edición copeira da temporada pasada. O equipo dirixido por Manuel Pablo apeou aos branquivermellos por 0-1, con gol de Dani Estévez. Tiveron minutos neste partido os hoxe fabrilistas, Mardones, Pablo García, Manu Ferreiro, Carreira, Guerrero e Noé.

-Foto e vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies