ROLDA DE PRENSA DO “MAGO DE SAMARUGO” : “TEMOS QUE DACER UN BORRÓN DESTE DERRADEIRO ENCONTRO”

 

Diego Villares opina que no último partido “rendémonos antes do que deberiamos. Iso tamén o falamos a principio de semana para que non se volva a repetir. No descanso falaramos que estabamos ben, que era un gol, que non pasaba nada, que calquera partido che poden meter un gol e podes dar a volta ao marcador sen problema; pero ese inicio da segunda parte trastornounos”.

Reitera que no Stadium Gal “non fixemos unha mala primeira parte, tampouco excelente, pero o gol trastórnanos un pouco. Puidémonos levantar ben, tivemos varios ataques aínda que en último terzo de campo está a custarnos un pouco. Na segunda parte non se que nos puido pasar, trastornounos definitivamente e é o que non se pode volver repetir”.

Opta por tomarse a derrota como “unha pequena fochanca. Nos últimos partidos o equipo estivera ben, cun xogo reconocible. Por aí iamos ben. Temos que facer un borrón deste partido”. 

O centrocampista galego lamenta o sucedido o pasado domingo porque “viñamos de 3 partidos moi bos, de Ponferrada en diante. O equipo estaba a ser reconocible e regular”.

Da SD Logroñés, rival este sábado 11 de novembro ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e FEF TV), explica que “fai unha saída de 3, mete moita xente por dentro, téntache abrir cun cadrado que quere formar por dentro. Aí é onde temos que tentar roubar para estar altos. É unha arma que nos pode dar esa confianza e esa chegada á portería rival”.

Finalmente tivo palabras de agradecemento para #ANOSAFORZA: “O apoio que recibimos nestas xornadas de liga e na Copa foi marabilloso. A xente non o vai a perder porque segue ao Dépor por encima de todo. Tentaremos este sábado volver ao noso papel de protagonistas, de equipo con balón, e á vitoria”.

-Foto, texto e vídeo : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies