ROLDA DE PRENSA DO CAPITÁN ÁLEX BERGANTIÑOS : “VEXO O EQUIPO MOI ILUSIONADO E CON MOITAS GAÑAS”.

 

Álex Bergantiños, un ano máis elixido capitán, xunto con Eneko Bóveda e Celso Borge, pasou por rolda de prensa ansioso por comezara xogar : “Tras unha pretempada moi longa para o que nos gusta os xogadores e comezar xa”. Ve o equipo : “moi ilusionado e con moitas gañas…é un reto superesixente xa que todo o que non sexa gañar vai ser fracaso para o entorno, e temos que saber afrontar tódalas dificultades que nos poña a competición e ser humildes”.

Sobre a persecución da liga a sua persoa : “Da liga non entendo o obxectivo de enredar con que o meu nome siga saíndo nos medios, con tentar manchar, paréceme pouco ético, pero se están no seu dereito de recorrer, que recorran o que queira. Eu desde o primeiro día dixen que iría a calquera xuíz para explicar o que fóra, que tiña a conciencia moi tranquila”.

Preme no vídeo para escoitar todo o que dixo en máis de 20 minutos.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia.es