Pablo Martínez despediuse esta mañá na sala de prensa de Abegondo. E fíxoo, visiblemente emocionado, nun emotivo acto acompañado por todos os seus compañeiros e técnicos.
Vaia por diante o noso desexo do mellor para o noso “cangrexo”, un tipo que chegou e amosou a sua calidade e a sua entrega convertíndose pronto ca sua maneira de ser nun dos nosos. Foi importante no terreo de xogo e no vestiario, deses xogadores que cando dano todo e cando non xogan fan un gran traballo desde fora para o conxunto do equipo e para os xogadores que non teñen minutos…À tout à l´heure deportivista!!!.
Tomou a palabra en primeiro lugar Fernando Soriano, Director de Fútbol do RC Deportivo, que subliñou “o orgullo que fuches para nosotro. No persoal, no colectivo, tanto dentro como fose fuches un exemplo. A presenza aquí de todos os teus compañeiros confirman estas palabras”.
Engade que “transmitiches uns valores que nos gustaría que queden en moitos dos nosos rapaces”.
Fernando Soriano definiuno como “un competidor nato. Incluso os días que non xogaba era máis competidor, primando sempre o colectivo sobre o individual que nun Club como o Dépor debe primar sempre. Grazas por sumar sempre e facelo con enerxía”.
Pola súa banda, Pablo Martínez confesou sentirse “orgulloso porque vexo que deixei unha moi boa imaxe aos meus compañeiros, a todo o staff. Quedo máis con iso que cos partidos que xoguei. Sempre tentei axudar a todo o mundo. Eles tamén me axudaron moito. Sinto moi orgullos de ver a todo o mundo aquí”.
Lembra que o seu primeiro ano en ABANCA-RIAZOR foi “moi difícil co play off en Castellón. O segundo ano foi marabilloso onde conseguimos o ascenso. Esta temporada creo que fixemos unha moi boa temporada, con moi bo grupo. Quedarei co sentimento de pertencer a este Club porque nunca o esquecerei. Quedará moi dentro de min”.
O defensor hispano-francés lembrou a celebración en María Pita do ano pasado: “Foi espectacular. Cando a xente canta o teu nome sempre é bo. Hai moitas cousas que lembrar que quedarán sempre dentro de min”.
Agradeceu finalmente ao Club porque “Fernando me recibiu para dicirme o que pensaba para o ano que vén e díxomo á cara. Iso é moito mellor”.
Pablo Martínez subliñou que lle gustou continuar: “Nunca o ocultei. É a miña casa pero é o fútbol. Quedo só co bo. Pasei 3 anos incribles aquí”.
Vídeo : https://x.com/RCDeportivo/status/1927636001226158554
Jaime Sánchez tamén se despideu
Jaime Sánchez non continuará no Deportivo a próxima temporada. O central andaluz chegou a Riazor na campaña 2021/22 procedente da CE Sabadell. Nestas 4 temporadas disputou un total de 98 partidos oficiais, con 2 goles e 1 asistencia. Non sabemos si dará rolda de prensa pois xa fixo un vídeo de despedida. O RC Deportivo despedíase doutro dos capitáns, peza fundamental no vestiario a tenor do que todos manifestaron máis dunha vez : “O Club quere agradecerlle a Jaime Sánchez a súa profesionalidade e compromiso cos valores do RC Deportivo, que lle levaron a converterse nun dos referentes para os seus compañeiros e para #ANOSAFORZA…Grazas Capitán!”.
Nos unímonos tamén ao agradecemento a este gran xogador e mellor persoa que o deu todo polas nosas cores e como él di é un deportivista para sempre…Que teñas boa proa!!!.
-Foto e vídeo : RC Deportivo
-Texto e vídeo : Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo
