Óscar Gilzánz despideuse hoxe do RC Deportivo e todo o que o envolve cun “ata cando queirades”, polas suas verbas de que a sua porta sempre estará aberta si se dan as circuntancias. Leeu un comunicado e non quixo preguntas. Consideramos que moi ben feito para non darlle nada a prensa “bulómica” que coas suas preguntas e creando desconfianza axudaron a sacrificalo e nunca defendendo o equipo que lle quedou tralas infortunas lesións de pesos pesados titularísimos do equipo, ata cargando contra o equipo no derradeiro encontro de liga, ante o mellor equipo da competición e que mereceu gañar a liga, e no Depor un once titular collido con pinzas e dándolle a oportunidade a dous fabrilistas.
O noso desexo de que trunfes alá onde vaias, que de seguro que vendo o que fixeches aquí non che han de faltar equipos para seguir crecendo, e que algún día volvas pois as cousas na vida dan moitas voltas.
Imaxe que define a Óscar Gilsánz a sua cara de satisfacción coma calquer deportivista cando imos ao campo ou aos campos e gaña o noso queirdo Depor.
-Foto : Captura de pantalla
-Vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”