Yeremay Hernández pasou por rolda de prensa e falou da actualidade do equipo e das suas ideas do que vai de tempada e do que teñen por diante. Condierou que “igual temos menos puntos do que merecimos pero son os que temos”. Sobre a mellora do Depor ten que estar “nas áreas, conceder menos atrás e estar mellor arriba, levamos 3 goles nada máis”.
Sobre o comentario de Lucas de que lles di a él e a Mella, “que se quede, que se quede, que a min e a Mella nos axuda moito e que se quede ata quen non piada correr”. Falando de Mella pensa que, “tarde ou cedo vai renovar…Mella é do Depor”.
Tamén falou sobre a diferenza de vir de gañalo todo no derradeiro treito da tempada pasada a diferenza con este comezo de tempada : “É unha categoría difícil, moito máis que Primeira Federación. Claro que está sendo máis complicado, os equipos teñen xogadores de maior nivel, están máis preparados e é difícil gañarlles. Pero iso é o que di Lucas, isto é longo, o ano pasado viuse que empezamos así e superamos todas as cousas malas que estabamos facendo para rematar como queriamos. Hai que estar tranquilos, son moitos días e estamos en boa forma”.
Esto que dixo e moito máis escoitando o vídeo…
Contra o Levante outro horario nefasto
Saeu o horario do encontro da 11ª xornada de liga na que o Depor visitará o Levante, será un xoves 24 de Outubro a partires das 19:00 horas. Un novo horario e data nefasta para os desprazamentos da afección. O pago por estar no fútbol profesional e estar a mercede das televisións.
-Foto e vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”