ROLDA DE PRENSA DE YAGO GANDOY : “OS QUE SAIMOS DO BANCO TEMOS QUE SAIR A DAR O MÁXIMO”.

 

O canteirán Yago Gandoy pasou por rolda de prensa antes do derradeiro adestramento da semana e falou do intre do equipo e da sua visión de futuro persoal e colectivo.

Sobre o seu papel de suplente dixo que : “os que estamos a partir desde o banco estamos a darlle esa frescura que se cadra pode faltar nas primeiras xornadas. A mentalidade que temos que ter é que cando participemos, sexa o tempo que sexa, dar o máximo. Achegamos cousas e os partidos non sempre os gañan os titulares, senón tamén os que saen desde o banco”.

O xove xogador deportivista está a xogar fora da sua posición natural e falou sobre o que lle pide Fernando Vázquez na posición na que o coloca : “Transmíteme moita confianza, sabe que non é a miña posición, pero pretende que busque espazos entre liñas, que sexa dinámico por dentro, que busque espazos para virar e mirar cara a adiante e buscar último pase”.

Xa coñece ao próximo rival, o CD Guijuelo e xa xogou contra él e advirte que : “nese campo de artificial eles xogan ben, dominan o bote, a superficie e será un duelo moi complicado. Prexudícanos un pouco esa superficie, pero non ten que ser escusa”.

Alabou a calidade de Uche Agbo, preguntado polos xornalistas sobre as verbas de Antón de Viecnte do Coruxo que dixo que : “parecía que estaba xogando contra Patrick Vieira”, e que opinaba él sobre Uche do que dixo que compartía a opinión do xogador do Coruxo e que : “este ano nesta categoría ten que ser un pilar para nós”, e que no seu sitio, “é imponente e co balón tamén e ogallá nos axude a acadar o obxetivo”. Sobre Rolan dixo que “está moi integrado no grupo e ten que aportanos moitas cousas…él ten disposición e todos lle estamos axudando”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia