Aquí tes as verbas que tivo Diego Villares “O mago de Samarugo” tras recibir o trofeo ao “Mellor xogador do mes de Marzal” nas que o máis destaca é a tranquilidade tras ter na man a salvación virtual e mirar o final de tempada con tranquilidade e con “licencia a soñar”, xa que ainda que “se depende de outros”, o equipo mira hacia arriba. O vindeiro rival é o Mirandés, (Domingo 13/04/2025 ás 18:30 horas/17:30 GMT), venceu en Riazor por un sonroxante 0-4 nun choque tranquilo ata que o colexiado se inventou un penalti, descontrolou o equipo e chegou o segundo e a desparición do equipo do encontro, sen dúbida o peor da tempada, pero para “O mago de Samarugo”, “non hai revancha”.
Tamén tivo unha lembranza de ánimos para Barcia trala confirmación da sua lesión grave no femoral da sua perna dereoita e que o aparta dos terreos de xogos ata a vindeira tempada.
Faltáballe pouco a Ximo Navarro para renovar automaticamente por unha tempada máis pero como é de bos ser agradecidos e vendo o rendemento que deu o xogador desde que chegou e a sua implicación, o clube anunciounos a sua renovación :
“Joaquín Navarro Jiménez (Guadahortuna, Granada, 23 de xaneiro de 1990), coñecido futbolísticamente como Ximo Navarro, renovou o seu contrato co Dépor até xuño de 2026.
Este futbolista, que pode actuar en todos os postos da defensa, chegou a ABANCA-RIAZOR na temporada 2023-24 procedente da Fortuna Sittard da Primera División de Países Baixos (Eredivise).
Na súa primeira temporada como futbolista branquiazul, co que conseguiu o ascenso a LaLiga Hypermotion e o título de campión de Primera Federación, participou en 23 partidos, 20 deles como titular, con 1 asistencia. Ademais xogou 1 de Copa del Rey.
Esta campaña en LaLiga Hypermotion até a súa lesión saltou ao céspede en 30 partidos, 29 deles como titular; e anotou 4 goles, 2 deles supuxeron o triunfo en Eibar e en Oviedo.
Formado na canteira do Real Mallorca, atesoura unha ampla experiencia no fútbol español. Así, disputou 177 partidos e anotou 3 goles en Primera División desde a temporada 2012-13 defendendo as cores do Real Mallorca (15 encontros), UD Almería (28), UD Las Palmas (31) e Deportivo Alavés (103 partidos desde a campaña 2018-19 á 2021-22).
En Segunda División suma un total de 158 encontros xogados entre o Recreativo de Huelva (12 partidos), Córdoba CF (17), RCD Mallorca (38), UD Almería (61) e os xa citados co Dépor. Ademais, marcou 8 goles”.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo