ROLDA DE PRENSA DE VÍCTOR GARCÍA “XOGADOR DO MES DE NOVEMBRO”.

 

Víctor García foi elixido polo deportivismo na web do clube a Víctor García como o mellor xogador do pasado mes de Novembro e na rolda de prensa de entrega do trofeo asegurou sentirse “ben” na súa nova posición de lateral dereito, “tamén grazas aos compañeiros que me fan no día a día aprender nesa posición: tanto a liña defensiva como os compañeiros de posición que teño agora neste momento. Contento, satisfeito polo traballo pero sabendo que queda moito por mellorar nesa posición e a nivel grupal tamén”.

Sostén que acabar o ano 2021 no máis alto da clasificación do grupo 1º de Primera RFEF, pase o que pase no último partido en León este domingo ás 18:00 horas (Footters) é “o obxectivo do club. Está claro que vai ser anecdótico porque a liga non se termina a final deste ano pero é importante para o equipo ter a sensación de que estamos no camiño correcto e facendo un gran traballo. Vai ser anecdótico pero é un empuxón máis para seguir arriba. Tamén desde aquí quería felicitar ao Dépor ABANCA por ese liderado. Imos da man e estamos moi felices por elas”.

-Vídeo, Foto e Texto : rcdeportivo.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies