ROLDA DE PRENSA DE VÍCTOR GARCÍA : “Nós tivemos ocasións para facer algún gol máis, pero non chegou”.

 

Víctor García abriu esta mañá a semana de comparecencias públicas na sala de prensa de Abegondo.

O polivalente futbolista valenciano desvela que o cadro volveu ver o partido do pasado venres en ABANCA-RIAZOR ante a SD Logroñés co obxecto de corrixir “eses erros que fixeron que nos empatasen nos últimos minutos do partido”.

Explica que nese novo visionado do últimos noventa minutos ligueiros do Dépor, “máis que que analizar a xogada en si do gol, remontámonos máis aos últimos 20, 25 minutos, onde nos faltou máis posesión de balón. Somos un equipo que crecemos a través do balón e faltounos esa pausa, ese control da posesión e non querer transitar tan rápido a campo contrario”.

Ademais, advertiu no que vai de temporada que “os equipos cando veñen a ABANCA-RIAZOR e están vivos até os últimos minutos saben que poden sacar algo do noso campo. Eles sabían que en calquera xogada colgada á área, con xente arriba como os centrais, nos últimos minutos podían pasar cousas. Nós tivemos ocasións para facer algún gol máis, pero non chegou. É nos últimos minutos onde temos que ter esa paciencia que a tivemos outros días, co cal a teremos nos próximos partidos tamén”.

Ao feito destes dous partidos sen coñecer a vitoria, “hai que darlle a importancia que ten. Démoslle importancia tamén ao catro vitorias seguidas e hai que darlle importancia a estes dous tropezóns que tivemos. Pero iso non nos fai quitarnos do camiño que estabamos e que estamos para seguir sumando vitorias e sumando puntos á nosa marcadora”, apunta.

Asegura sentirse a gusto na posición de lateral dereito que ocupou xa en varias ocasións nesta temporada: “Estou a atoparme cómodo. O equipo está nun alto nivel de de xogo combinativo, iso axúdame moito tamén a que estea cómodo. É unha posición nova para min, pero tento adaptarme para achegar ao equipo o máximo posible”.

Coa visita este sábado 9 de outubro ao Real Unión de Irún no Stadium Gal (17:00 horas, Footters), o futbolista branquiazul comenta que “todos os partidos fóra de ABANCA-RIAZOR van ser complicados. Debemos estar focalizados ao cento por cento para poder sacar os resultados que queremos, que é gañar sempre. O equipo mostrou personalidade nestes partidos e vaina a seguir mostrando. Non teño ningunha dúbida”, conclúe.

-Texto, Vídeo e Foto : rcdeportivo.es