ROLDA DE PRENSA DE VICENTE GÓMEZ : “O ENCONTRO DE MALLORCA FOI UNHA MERDA”.

 

Vicente Gómez pasou por rolda de prensa e con gañas de falar e sacar do peito cousas que tiña dentro e non se enrrugou a hora de falar e de considerar o seu encontro en Son Moix no que o Depor perdeu inexplicablemente o tren do ascenso, decindo que o “encontro foi unha merda. Son consciente de que o nivel que dei non era o que tocaba ese día. O equipo saíu perdendo con respecto ao que viña dando e non teño reparo en admitilo. Á miña tempada daríalle un aprobado. Un inicio bo, pero sen mostrar o meu mellor nivel na segunda volta. Logo deille a volta, pero no último día non estiven á altura cando era un tipo de partido que xoguei moitas veces”, dixo Vicente moi sincerado, pero tendo en conta que : “estas cousas non hai hai que esquecer, hai que telas presentes para que non se volten a repetir e aprender do sucedido”.

Vicente tamén falou da marcha de Pedro Mosquera e topoulle unha similitude a sua saida do UD Las Palmas : “Notas o sentimento e dá un pouco de reparo que un xogador que sente identificado e pode ensinar o que é o Dépor se vaia. A súa situación era similar á miña nas Palmas. Por distintos motivos xa non es capaz de ter ao cabeza ao cento por cento para traballar”, dixo recvalcando que “tanto Pedro coma o Depor van a sair gañando”.

Falou de que con Anquela vaise ver un equipo máis “aguerrido, xogando máis xunto e crecendo dende a defensa”, e que sempre é candidato o clube branquiazul : “o Dépor sempre vai ser candidato a todo. Agora temos outra realidade económica se a comparas cos que baixaron, pero ningún dos tres subiu o ano pasado. Esa economía non é sinónimo de éxito. Haberá que afinar un pouco máis, pero o Dépor, xunto aos tres que descenderon, é favorito. Estamos chamados a estar en ascenso”.

Abaixo na portada da web tes os noso “Vídeos Recomendados” nos que podes ver ao completo a rolda de prensa do xogador e tódolos vídeos que sube o Deportivo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies