Vicente Gómez pasou por rolda de prensa. O canario no 2020 con él no 11 inicial ou saindo de suplente o Depor nunca perdeu e considera que este parón e a mini pretempada fai que : “Todos partamos coas mesmas oportunidades para formar parte do equipo titular”.
Cre que a base de adestramentos foise perdendo o medo o contacto e que os equipos farán o mesmo nos encontros : “Nós nos adestramentos tamén nos quitamos iso da cabeza e adestramos como antes. O fútbol, máis ou menos, vai estar igual. Vin o Raio-Albacete e houbo entradas, friccións, agarróns…”.
Sobre a intensidade de encontros seguidos cre que : “será importante ter á xente en bo momento. Confío no Dépor por iso, porque temos moitos xogadores de bastante nivel”.
Para o encontro do Domingo ás 17:00 horas ante o Sporting de Xixón en Riazor cre que a clave será : “Tentar minimizalos, xa que atoparan un equilibrio e estaban a marcar moitos goles, despregando gran xogo. Tentar gañar o encontro para comezar ben esta “miniliga”.
E sobre a nova norma dos cinco cambios di que : “É interesante porque, como xa nos dixo Fernando Vázquez, pódeselle dar a volta a medio equipo. Vai ser importante para as estratexias, permitirache unha marxe que antes non tiñas. Terán os adestradores máis flexibilidade nas estratexias para poder trocar os partidos”.
Todo o que dixo premendo no vídeo.
-Foto, Vídeo e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR