ROLDA DE PRENSA DE VICENTE GÓMEZ : “AS SENSACIÓNS DO OUTRO DÍA LIBERARON AS CABEZAS NO VESTIARIO”.

 

Vicente Gómez pasou por rlda de prensa despois de moito tempo no ostracismo e depois de facer un bo encontro, no que a pesares de non gañar o canario, veu outra cousa no encontro que fixeron ante o Alcorcón : “Creo que por unha banda foi importante, porque todos fomos sabendo que hai esperanza, que hai luz. O equipo estivo ben e quédasche con iso, que fuches superior, pero o que fai falta é gañar, necesitamos os puntos”.

O canario está seguro de que : “Saímos reforzados. Vas con argumentos, non tanto co corazón, senón de nivel futbolístico e táctico”, despois de facer un encontro completo o que só lle faltou o gol.

Comprende que a xente lle esixa, pois se : “A xente me esixe é porque sabe que podo dar máis. Son o primeiro que me esixo, son crítico comigo mesmo. Sei moi ben os contextos do momento no que nos atopamos e é normal que se nos esixa a todos”.

Ainda que ante o Alcorcón non fose un encontro onito quedase con que : “Máis aló de xogar ben, creo que fomos donos do partido. Non se xeraron moitas ocasións, pero houbo dous ou tres moi claras. Vas coa sensación de que mandas, de que xogas ao que queres. Creo que esa sensación liberou ao vestiario e fíxonos  “clic” na cabeza. Que non somos tan malos. Ese nivel de activación, de querer a pelota e gozar do fútbol. A cousa vai cambiar”.

No vídeo a rolda de prensa completa

Máis abaixo, na portada da web, en “Vídeos Recomendados” tódolos que sube o RC Deportivo ao instante, tanto do primeiro equipo, coma do Feminino, Liga Genuine, propaganda, etc…

 

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

-Texto : captura do vídeo

-Foto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.