ROLDA DE PRENSA DE UCHE AGBO NA ENTREGA DO “MELLOR XOGADOR DO MES DE NOVEMBRO”.

 

Rolda de prensa de Uche Agbo na entrega do galardón de “Mellor xogador do mes de Novembro”, entregado por Estrella Galicia cada mes ao xogador máis votado polos afeccionados e a prensa na web do club.

Uche Agbo manifestou esta mañá en Abegondo, após recoller o premio Estrella Galicia ao mellor xogador do Deportivo no pasado mes de novembro, que “se me tivese que dar unha nota do 1 ao 10 pois me poñería un 8 ou 9, pero co obxectivo de chegar ao 10”.

Acompañado na súa comparecencia pola tradutora Bibiana Santiso, o internacional deportivista admite que lle falta “empezar a marcar goles, dar máis asistencias ao equipo e mellorar cos pés”.

Uche pide aos afeccionados do Deportivo que lembren que “somos un equipo novo. Estamos a buscar a maneira, afacéndonos e cuantos máis partidos xoguemos, canto máis erros cometemos vimos aquí e corrixímolos. Como se pode ver nos últimos partidos estamos xa mostrando máis solidez”.

Reclama pois “paciencia” ao deportivismo e pon o seguinte exemplo: “Se empezamos a atacar, imaxina que perdemos por empezar a atacar; e ao final non cumprimos o obxectivo. ¿Non será mellor seguir xogando como estamos a xogar e seguir primeiros na liga; e cumprir o obxectivo?”.

-Foto, Vídeo e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies