ROLDA DE PRENSA DE SALVA RUÍZ : “TEMOS MOI BOA PLANTILLA CON DOUS XOGADORES POR POSTO EN TÓDALAS ZONAS”.

 

Salva Ruíz, outro dos que non se baixaron do barco tralo descenso, pasou por rolda deprensa e dixo que ten : “Moitas gañas despois de como acabou o ano pasado a tempada”, tanto no deportivo coma no seu propio, pois as lesións coartaron a sua participación.

Ve a plantilla coas zonas do campo : “moi ben cubertas tódalas posicións con dous xogadores por posto” e ve o equipo con “experienza e xuventude moi comprometidos”, e ademáis, “con moitas gañas de comezar a tempada e durante toda a pretempada víuse o equipo traballando con moitas gañas e unido”.

Sobre a sua competencia no lateral esquerdo cre que será “bo para o equipo que haxa competencia. Héctor é un xogador con moita experienza eno fútbol profesional, forte e rápido e seguro que me vai a poñer moi difícil a posición”.

O equipo veo preparado para enfrontarse o Salamanca, “un rival complicado, comtra o que todos estamos desexando facelo ben”, e  tras “unha pretempada longa e agora ca carga de traballo máis axustada, estamos ben preparados para facer un bo inicio de tempada”. 

-Vídeo e Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia.