ROLDA DE PRENSA DE SALVA RUÍZ : “PACIENCIA QUE A TEMPADA ACABA DE COMEZAR”.

Preme no vídeo para escoitar todo o que dixo…

 

Salva Ruiz, titular o pasado domingo en Guijuelo, pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

O lateral deportivista cre que a razón da falta de fluidez ofensiva é que “aínda estamos a principios de temporada, hai moita xente nova. Estamos a asimilar os conceptos do míster pero á vez obtendo resultados. Ademais xogamos xa en dous campos de herba artificial, que é moi difícil adaptarse. Os equipos que xogan en casa saben moi ben como xogar alí. Sacamos resultados a pesar de que este domingo non puidemos gañar”.

Admite non obstante que “necesitamos mellorar bastante no xogo pero estamos a sacar resultados. O xogo irá mellorando aos poucos”, insiste.

Lembra que Fernando Vázquez “lle deu importancia ao traballo defensivo e sentou unha base para tanta xente nova, pero estamos a adaptarnos á categoría. Durante os adestramentos e nos partidos, cos resultados que nos están acompañando, imos ir collendo confianza e o xogo vai ir mellorando partido a partido”.

A nivel persoal, confesou sentirse en Guijuelo “bastante ben. O traballo feito cos readaptadores e o corpo médico foi bo. Cambiamos ademais algunha cosiña de alimentación… E está a dar resultado. E respecto ao partido, boas sensacións pero un partido que foi como unha pequena guerra: moita disputa, moito contacto físico. Sabiamos ao que iamos e que ía ser difícil. Ao final sacamos un punto, gustarianos os tres pero o xogo tampouco foi para moito máis. Non soubemos acabar de levar o encontro ao noso favor e un punto que temos que facer bo este domingo”, en ABANCA-RIAZOR ante o Racing de Ferrol (19:00 horas, TVG).

Subliña que a mensaxe de Fernando Vázquez é “sempre ir gañar os partidos aínda que é máis fácil coa portería a cero. Facer dous ou tres goles nesta categoría é moi difícil. Pero no campo a pesar de que esa é a nosa intención non se acaba de reflectir do todo. É o que nos queda por mellorar. Levamos portería a cero en todos os partidos quitando o primeiro. Os resultados están a acompañar pero esa parte ofensiva ou de creación de xogo non está a ser tan brillante”.

A receita de Salva Ruiz é a “paciencia porque a temporada, aínda que non é moi larga esta primeira fase, acaba de comezar. O noso obxectivo é chegar á fase de ascenso paso a paso. O camiño é longo. Os resultados están a chegar e a partir de aí é bo que cun xogo non tan brillante estean a chegar os resultados porque por esa regra de tres se conseguimos igual un xogo un pouco máis brillante, as vitorias chegarán dunha maneira máis fácil entre comiñas”.

Do Racing de Ferrol, comenta que puido ver o seu partido ante o RC Celta B, “e a verdade é que me gustaron bastante, sobre todo na primeira parte. Apertáronlles bastante arriba e creáronlles bastantes problemas. Están aí arriba e empezaron bastante ben a temporada con xogadores experimentados en Segunda División B”.

Sobre a lesión de Miku dixo que “non é moi grave e creo que pronto estará connosco”, ainda que subliña que “foi moi duro para él, xa que estaba a facer traballo exclusivo extra”..

E no Dépor, Salva ve ao vestiario “ben, con confianza. A pesar de que o xogo non foi especialmente vistoso, conseguimos sacar un punto (o domingo en Guijuelo) e queremos facelo bo esta fin de semana”.

 

 

Valín a novidade no adestramento do grupo

O Deportivo comezou esta mañá a preparar a seguinte cita ligueira, a visita do Racing de Ferrol a ABANCA-RIAZOR prevista para este domingo 29 de novembro (19:00 horas/18:00 GMT, trasmitido pola TVG2-TVG Internacional e web da canle galega), en partido correspondente á 7ª xornada do subgrupo A do grupo 1º de Segunda División B.

A boa noticia da mañá foi a presenza de Valín no grupo, aínda sen a alta médica. Así pois, só Derik e Miku tiveron adestramento específico no ximnasio e cos fisioterapeutas.

 

-Foto, Texto e Vídeo : rcdeportivo.es