ROLDA DE PRENSA DE SALVA RUIZ : “O OBXETIVO NON É OUTRO QUE ASCENDER”

 

Salva Ruiz pasou por rolda de prensa en Abegondo e foi tallante a hora de falar do obxetivo. Namentras que tódolos que pasaron por rolda de prensa din que “hai que ir encontro a encontro” o lateral esquerdo chegado do Valencia CF di que : “O obxectivo non é outro que ascender. Sexa da maneira que sexa. Temos que conseguir o ascenso. Un club como o Deportivo ten que estar en Primeira”, iso sí pero tamén sostén como é lóxico que : “Hai que ir aos poucos, pensar agora mesmo no Sporting e ir partido a partido”.

Pide pacienza para o equipo que está en “construcción” como xa apuntaba o sábado Álex Bergantiños : “É difícil ver ao equipo aí abaixo, pero estamos no inicio, isto acaba de empezar. Hai moita xente nova, hai persoal e recursos suficientes para cumprir o obxectivo. Non é fácil, porque un equipo como este ten que sumar os tres puntos cada xornada, pero imos mellorar”.

A rolda de prensa completa no vídeo.

Abaixo en “Vídeos Recomendados” tes este e tódolos que colga o RC Deportivo.

+++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es