ROLDA DE PRENSA DE SALVA RUIZ : “Agora xa se vai vendo máis o que quere o míster”.

 

Salva Ruiz pasou polr rolda de prensa e dixo que ainfda que adestrou aparte foi por precaución, por unhas molestias nos abdutores e que está para xogar. O valenciano ainda non sabe o que é gañar co Depor, xa que chegou na 3ª xornada, polo asquerosa que é a liga de fútbol española, que ten aberto o mercado de fichaxes de verán cas ligas comezadas : “Que o equipo non gañe desde a primeira xornada é duro, pero estamos a traballar ben nos adestramentos e leste é un bo momento para conseguir o triunfo”.

Ademáis de que tardou en coller a forma e cré que xa a ten, defende que o adestrador foi metendo cousas e que agora xa se empezan a ver : “Necesitaba xogar e desde hai tempo atópome ben. Agora xa se vai vendo máis o que quere o míster, tivo que traballar moi rápido as cousas, é difícil chegar coa tempada empezada”.

Está convencido de que irán hacia arriba agora que as cousas van asentándose : “Faise duro estar como pechacancelas, as vimbias son mellores que a posición na que estamos. O vestiario tenta ser forte, apoiarnos uns a outros e saír adiante traballando, co míster axudándonos e dándonos consellos”.

Sobre o encontro no “Fernando Torres” de Fuenlabrada que ten pouco ancho conrespecto aos demaías campos, (en torno a 3 metros menos) : “Haberá máis choques e máis balóns divididos, temos que tratar de gañar a segunda xogada”.

A rolda de prensa copmpleta no vídeo.

 

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

-Foto : piratasdemuxia.es

Abaixo de todo da web nos nosos “Vídeos Recomendados” tes este vídeo e tódolos que sube o RC Deportivo, tanto do primeiro equipo coma do resto de cousas.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies