ROLDA DE PRENSA DE SABIN MERINO QUE RECIBEU O PREMIO O “MELLOR XOGADOR DE XANEIRO”.

 

 

Sabin Merino recibiu esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo o premio ao xogador Estrella Galicia do mes de xaneiro no Deportivo. O xogador biscaíño protagonizou una das mellores estreas goleadoras da historia do Deportivo, motivo polo cal levou a práctica totalidade dos votos da afección branquiazul. Máis de 5.500 (5.513) deportivistas votaron entre el e Dani Giménez para elixir o gañador. O 85,5% apoiaron ao atacante para alcanzar este premio.

Dani e Sabin foron, con diferenza, os xogadores máis valorados polos medios de comunicación á hora de sinalar candidatos, por iso este mes foron os dous únicos finalistas.

Sabin Merino é o cuarto xogador Estrella Galicia da temporada, após Mujaid, Koné e Mollejo. A entrega tivo lugar esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo de mans de Fran Ulloa, en representación do “O Rompeolas”, establecemento hostaleiro do mes fronte ao Estadio que, desde hoxe, lucirá a camiseta asinada polo cadro do Dépor que lle entregou o propio Sabin Merino.

 

-Foto e Texto : RC Deportivo

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

 

Nos nosos “Vídeos Recomendados” abaixo de todo na portada da web tes ao instante tódolos vídeos que colga o RC Deportivo no seu canle de YouTube, incluso antes de falemos deles como noticia.

 

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies