ROLDA DE PRENSA DE SABIN MERINO : “O QUE TEMOS QUE FACER É TENTAR SUMAR, SEXA CAL SEXA O SISTEMA”.

 

Sabin Merino pasou por rolda de prensa e dixo atoparse, “cada día mellor e preparados para afrontar o que resta de competición”. Para o dianteiro vasco : “o que ven non vai ter nada que ver co que pasou”, e que o Depor : “Non parte con ventaxa pola ampla plantilla, seguro que necesitaremos de todos e pode ser unha pequena garantía, pero estamos todos con igualdade de condicións”.

Sobre o de Las Palmas e Oviedo xa estén “vendendo” que van a xogar con púbrico, (algo que xa desminteu o Consello Superior de Deportes), di que “terá que haber igualdade para todos e se uns xogan a porta pechada terán que facelo todos”.

Para Sabin o adestrar xuntos xa seestá parecendo máis o de antes : “Ao estar todos xuntos parécese máis ao que veñen sendo sesións normais. Estamos a traballar espazos amplos, moito partido, que é o que nos imos a atopar cando isto empezo. É o que mellor nos virá. Estamos centrados en coller ton físico e adaptarnos a eses esforzos que requiren os partidos. Tácticamente quizá non estamos a traballar tanto, porque imos a xogador cada tres ou catro días e é superimportante adaptarse a iso. A próxima semana xa teremos tempo de mirar o táctico”.

Non lle importa o sistema que vaian a usar, só pensa en sumar : “O míster mira polo ben do equipo, o que é mellor para conseguir esas vitorias, e o que temos que facer é tentar sumar, sexa cal sexa o sistema“.

 

Tes todo o que dixo o completo premendo no vídeo…

 

-Foto e vídeo : RC Deportivo

-Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies