ROLDA DE PRENSA DE RUI COSTA : “A PLANTILLA É A QUE QUERÍAMOS”.

 

O portugués Rui Costa pasou por rolda de prensa tralo adestramento desta mañán no que a tenor de tantos xogadores con molestias participaron 7 canteiráns.

O xogador luso fixo fincapé no seu mal inico de tempada o chegra con moita inactividade e logo lesionarse : “Foron uns meses difíciles porque non adestraba dende facía tempo, e cando empecei a adestrar lesioneime e tiven que estar parado un mes máis. Agora estou a coller a miña mellor forma para axudar ao meu equipo. Pero ata o de agora, o que se viu, é que estou indo a mellor, e a por máis”.

Tamén falou sobre as críticas dunha parte da afección. alentada en exceso por algúns medios que só se suben o carro da vitoria, e critícan a mínima, sen dar pé a consecuencias que motivan algunhas cousas que sucederon no que vai de tempada. Nin tan pouco, nen tanto.

“Os afeccionados queren o mellor para o club e nós estamos aquí para facelo pero perdemos contra o Celta B un partido moi importante para o Depor, que non deberiamos perder, pero o fútbol é así. Os afeccionados apóiannos moito e critícannos cando teñen que criticar e iso é o mellor do fútbol”.

O xogador cedido polo Porto CF cre que a plantilla que hai é “que queríamos e que podemos ascender con ela”, e que “estamos moi xuntos no vestiario” co obxetivo do ascenso, e que non fan falla reforzos no mercado ivernal, se non hai baixas.

 

Xa sabes que tódolos vídeos que saca o RC Deportivo telos no intre da sua pubricación na parte baixa na portada da nosa web, señan roldas de prensa, promocionais, ou da índole que sexan.

-Vídeo e Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies