Rubén Díez pasou por rolda de prensa e analizou a situación do equipo, así coma o próximo rival dos deportivistas, o “querido”, Fuenlabrada, que ao igual ca fai dous anos os nosos, aguantaron a varios xogadores da campaña en 2ª División, e reforzándose con xogadores de aparentemente, gran nivel, para a miseria da 3ª División Española.
Díez, ve ben o equipo e pensa que debería atesourar máis puntos, i é do pensar de Cano e Sporiano, en que acabarán o ano na parte alta : “Como están a ir os partidos desde o cambio de técnico o equipo mellorou en moitos aspectos. O outro día fixo os mellores 45 minutos da tempada. E por cousas do fútbo, cando non metes as túas ocasións acabas pagando…Tentamos poñer en valor todo e estamos convencidos de que se seguimos nesta liña, chegaremos a Nadal en bos postos e con bastantes puntos”.
Falou tamén da diferenza antre a idea de Borja Jiménez e a de Óscar Cano : “Para min, a clave está na saída de balón e coa posesión. O equipo está moito máis xunto. Iso fai que cando hai algunha perda, que as hai sempre, o equipo está máis xunto para recuperar, para replegar e que non nos transiten con tanta facilidade”.
Sobre o Fuenlabrada, cre que ten un bo equipo, pero que non lle están a sair as cousas : “Non lle acompañan os resultados, pero eu sigo pensando que hai que telo en conta para final de tempada. E no seu campo fanse fortes, así que será complicado”.
Todo o que dixo, escoitando o vídeo.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia