ROLDA DE PRENSA DE RUBÉN DÍEZ QUE SAEU DO ADESTRAMENTOS CON MOLESTIAS : “O ÚNICO QUE PODEMOS FACER É IR PARTIDO A PARTIDO”.

 

Rubén Díez falou en rola de prensa do estado de ánimo do equipo trala derrota en Alcorcón, e apuntou que teñen que, “ir partido a partido”, e non mirar a clasificación. Un tópico que a estas alturas semella moi lóxico, a vista do excelente camiño que leva o equipo madrileño, non así os outros dous que temos por enriba, Castilla e Córdoba, que dan unha de cal e unha de area.

Rubén retirouse do adestramento con molestias

O xogador deportivista deu a rolda de prensa, coma todas, antes do adestramento, e logo tivo que retirarse con molestias nun aductor, aos poucos minutos de comezar cos exercicios diarios. O que sí participou co grupo foi Antoñito.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies