Rubén Díez pasou por rolda de prensa e amosouse moi positivo sobre o equipo, e coma o seu adestrador, tamén ve un futuro esperanzador, ata cre que xa “pasamos a mala racha que teñen tódolos equipos”.
O atacante branquiazul, un dos futbolistas que mellor coñece a Óscar Cano da etapa de ambos no CD Castellón, apunta que “é moi difícil que en 4 días salga todo perfecto, salga todo como el quere. Hai que analizar que houbo unha melloría e que aos poucos o equipo está a empezar a entender o que el nos pide, o que quere que se faga dentro do campo”.
Así pois, solicita “entre comiñas, un pouco de paciencia porque o equipo aos poucos e cada día dando pasiños pequenos que a longo prazo vai ser o que o que nos marque esta gran melloría que todos queremos para sacar os partidos, para sumar de 3 en 3 e estar o máis arriba posible”.
Do partido do pasado domingo en Valdebebas, opina que “o equipo fixo méritos para haber puntuado, para traernos o empate ou mesmo os 3 puntos a ABANCA-RIAZOR. Hai que insistir nas cousas que facemos ben para que no canto de que duren X minutos, tentar ser aínda máis dominadores do xogo e que as ocasións de gol, que o outro día tivemos unhas cantas, sexan máis e iso déanos máis posibilidades de gañar os partidos”.
Así mesmo, a nivel defensivo di que o Dépor “estivo ben. É verdade que ao final do partido xéranche ocasións nas que che poden facer o segundo, pero estamos con 10, á desesperada para tentar empatar o partido e deixas moitos máis espazos dos que debemos”.
Na xogada do único gol do partido, subliña que “eles están moi acertados porque o pase longo do central ao lateral alto é perfecto, a recepción de cabeza ao espazo é perfecta e logo ante unha xenialidade do xogador do Castilla pouco pódese facer. A nivel defensivo o equipo estivo ben. Non nos xeraron grandes ocasións de gol. Hai que seguir mellorando e cada día dar un pasiño máis cara a adiante”, conclúe no entanto.
O futbolista maño opina que “estamos nunha fase na que queremos dominar os partidos. O outro día, por exemplo, en diferentes períodos fixemos bos minutos, dominamos ao Castilla, metémolos na súa área. Iso quere dicir que o equipo, o que é a saída de balón e chegar a tres cuartos, faio sen ningún tipo de problemas”.
Aclara que unha das claves do Dépor de Óscar Cano é “tentar dominar sempre a través do balón, encerrar ao rival e a partir de aí nos últimos tres cuartos xerar o número máximo de ocasións. O outro día tivemos 3, 4 ocasións claras que se tivésemos a sorte de metelas, igual o resultado fose totalmente diferente”.
A nivel persoal, recalca que “me estou atopando moi cómodo. Facía moito tempo que non xogaba un pouco máis atrasado, pero é verdade que estou moi cómodo porque estou bastante en contacto co balón e na saída de balón ao xuntar máis xogadores fai que todo sexa máis fácil dominar o xogo, levar o balón con moita máis claridade a tres cuartos e tentar facer ocasións de gol”.
Nesta liña pensa que o Dépor “deu un cambio porque ao ter xogadores moito máis preto sempre de balón é máis fácil o dominar, sacar o balón desde atrás xogado. O equipo deu un pasiño adiante e tentaremos que isto siga e que aos poucos podamos ir dominando máis os partidos”.
Basea a mellora do equipo en que “as ocasións de gol están a chegar. Hai que ter a tranquilidade suficiente como para seguir na liña na que estamos nos dous últimos partidos, porque a trazos xerais creo que fixemos dous bos partidos. Se por exemplo o outro día no campo do Castilla, na primeira parte o tiro de Mario, que vai o pau ímonos ao descanso con 1-1, o partido cambiase totalmente. Temos que estar enfocados e seguir insistindo en todas as cousas que facemos ben, que son moitas e evidentemente cando non ganas ou mesmo cando ganas fas cousas que non están tan ben. E neses aspectos é onde temos que incidir para non cometer eses erros e non dar opcións ao rival”.
Rubén está convencido que os equipos que marchan na cabeza “non van estar toda a temporada ao ritmo que están. Temos a experiencia do ano pasado, no que o inicio foi espectacular e logo houbo a mala serie. Eu o que teño claro é que aquí todos os equipos van ter unha mala serie. Nós por sorte pasámola xa. Témonos que centrar en nós, en ir sacando os partidos como debemos e ir sumando de 3 en 3 para que cando os outros equipos déixense puntos, porque se van a deixar, aí é cando nós esperamos estar máis arriba. O obxectivo segue sendo o mesmo e témolo moi claro dentro do vestiario”.
Confesa que estaría preocupado “se o equipo non xerase ningunha ocasión. Iso si que sería preocupante. Que o equipo xere 3, 4, 5, 6 ocasións claras de gol e non podamos materializalas non me preocupa en exceso porque sei da calidade que hai neste equipo e sei que tarde ou cedo esas ocasións van ser gol. O preocupante sería que o equipo non xerase ningunha ocasión de gol. Aí si que habería que miralo porque entón estariamos a facer cousas mal, pero sempre que teñamos ocasións, sempre que se domine o xogo… Creo que o equipo fai as cousas. E tendo 4 ou 5 ocasións por partido, o lóxico é que acaben entrando máis que nada pola calidade que hai no cadro e sobre todo os xogadores de ataque”.
É consciente de que este sábado 29 de outubro ás 19:00 horas (TVG-2 e InSports.tv) chega un UD San Sebastián de los Reyes que “vén en boa forma, que é un gran equipo, está a demostralo nas xornadas que levamos, pero nós centrámonos en nós, en tentar facer as cousas o mellor posible para gañar porque o único que queremos é gañar, gañar diante de #ANOSAFORZA, deixar boas sensacións e tentar sumar de 3 para volvernos a enganchar á zona de arriba”.
-Foto : RC Deportio
-Texto : piratasdemuxia/rcdeportivo.es