Rubén de la Barrera deu a rolda de prensa previa o encontro do vindeiro Domingo a partires das 19:00 horas, (18:00 GMT), ante o Unionistas de Salamanca, meritorio lider da competición, que suma 8 puntos máis cos nosos e que tan só encaixou 3 goles e unicamente sufreu unha derrota, a que lle infrinxeu o Depor en Salamanca, (0-1).
O técnico deportivista amosou unha vez máis moitos ánimos, se os seus xogadores amosaran a metade das suas gañas, poderían xogar un encontro diario.
De la Barrera amosouse contento de xa ir contando con tódolos xogadores e espera que pronto estén todos a sua disposición. Alabou o gran traballo do rival e dixo que : “os que máis o necesitamos somos nós, só ten que haber un equipo no campo, e hai que morrer por este escudo”. Para él este encontro é, “unha final e este partido temos que sacalo, necesitamos un resultado”.
Dixo de Rolan, que para él en canto non haxa nada, “é un máis”, e que se necesita o clube vendelo, o primeiro é o club. Despois puido verse que non estivo no adestramento, o que supón que hai movementos de cara a sua marcha, polo que todo apunta a que non estará ante o lider, se mañán tampouco adestra.
Tamén falou de Raí, do que destacou que : “é bo en toda a zona de ataqu, e é agresivo en todo o que fai, e vai poder afaptarse e complementar o que xa hai no equipo”.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia