ROLDA DE PRENSA DE RUBÉN DE LA BARRERA PREVIA AO CORUXO-DEPOR DO MEDIODÍA DO VINDEIRO DOMINGO.

 

Rubén de la Barrera pasou por rolda de prensa para analizar o encontro crucial do vindeiro Domingo 7 de Febreiro ás 12:00 horas, (11:00 GMT), televisado pola TVG 2.

Ademáis dist encontro de vital imporntaza no que só vale a vitoria, tamén falou do mercado de fichaxes e da icorporación de Rayco e Villares dende o Fabril dos que dixo que : “están para xogar xa”.

Rubén de la Barrera manifestou : “Eu persoalmente sinto que o equipo demostra un nivel, un ritmo e unha intensidade durante os adestramentos importantísimo. O equipo vaise parecendo ao que queremos nun contexto de necesidade e de urxencia”.

O técnico deportivista advirte que “o que facemos durante a semana debémolo trasladar á fin de semana. O outro día contra Unionistas foi a primeira vez onde iso ocorreu. E o domingo ante o Coruxo FC ten que suceder facendo moito mellor aquilo (que o pasado domingo) que saíu ben e bastante mellor aquilo que nos impediu facerlle máis dano ao rival”.

Cre que o Coruxo FC “vaise a reforzar moitísimo en posicións interiores. Vainos a negar os espazos e iso vainos a esixir certas rutinas para lograr desequilibrios e permitir situacións vantaxosas para a finalización dos ataques; e á súa vez coidándonos moitísimo de posibilidades de contraataque”.

Avisa que o rival neste mercado invernal “se algo incorporou ao cadro o Coruxo FC son rapaces con enerxía, con pernas e que con espazos por diante son perigosos”.

Rubén de la Barrera aspira a ser o domingo “dominadores, levar o partido a campo contrario e traducir todo iso en ocasións de gol sen resultar vítimas da túa proposta, e iso pasa por pechar contraataques e non dar posibilidades ao rival para nada”.

Pero é importante, segundo o adestrador branquiazul, “non chocarnos contra eles. E iso require implicar a maior número de xogadores, un maior número de pases, un maior número de procedementos co obxecto de crear ocasións realmente claras pensando no efecto do que imos facendo, que unha perda de balón ou unha mala decisión permita ao rival meternos un susto”.

Sostén que “a riqueza deste cadro é importante. Están interiorizando moitísimas cousas, cada vez o que imos facendo ocorre de maneira natural. Encontro gran diferenza respecto das dúas primeiras semanas. Iso seguramente reporte maior fluidez, dinámica”.

Finalmente mostrouse “encantado” co peche do mercado de fichaxes, coa incorporación de Diego Villares e Rayco: “Atopo moitos motivos polos cales me alegrei. Son xente con fame, con enerxía, con desexo, xente que chega nada contaminada polo que ha ir ocorrendo desde o primeiro momento da temporada, con todo por demostrar, por facer. E xente que vén predisposta a axudar e a facer ruído”.

Lembra o técnico do Dépor que a “moitas xeracións de futbolistas polo que sexa pechóuselles a porta do primeiro equipo. Neste caso polo momento actual, polas circunstancias económicas, polo que sexa hai dous xogadores que pasan a formar parte do primeiro equipo. Isto mesmo asinaríano moitísimos e moitísimos xogadores que no seu día estiveron en #ANOSACANTEIRA”.

.

Lucho García sufrei a rotura dos osos propios do naríz

Por mor dun choque fortuíto cun compañeiro durante o adestramento, o meta Deportivista Lucho García foi sometido a probas médicas no Hospital Quirónsalud da Coruña, nas que se comprobou que sofre unha fractura de ósos propios do nariz.

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo agardarán agora a súa evolución nas próximas horas para saber cando poderá incorporarse de novo á dinámica grupal.

Vídeo : RC Deportivo


Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies