ROLDA DE PRENSA DE RUBÉN DE LA BARRERA : “Para mín o Dépor é moito máis que unha categoría. En Primeira, Segunda, Terceira, décimosexta…A min é algo que non me condiciona”.

 

Rubén de la Barrera pasou por rolda de prensa como cada semana na previa do encontro que esté a vista, neste caso un máis ca importante Depor-Langreo, un choque no que de gañar o Ferrol mañán sábado ao Numancia, a vitoria sería o pase definitivo a 1ª RFEF, nesta tempada tan  rocambolesca na que hai ata 60 descensos.

O técnico deportivista, foi preguntado por enésima vez pola sua continuidade, (parece que non hai ireas na prensa coruñesa), e foi tallante, só pensa no encontro do Domingo e como deportivista e estando no clube que smepre siñou, importalle un…e parte doutro a categoría na que milite o Depor : “Non hai novidade. Non me interesa para nada tocar ese tema. No que estou centrado é en axudar ao equipo para lograr ese billete para disputar a Prol a próxima tempada. Non hai máis”…”Sería moi presuntuoso pola miña banda. Cando me comprometo aquí, fágoo porque é o club co que sempre soñei. É o club co que me identifico. Tocoume vir en circunstancias que non foron as mellores, pero o Dépor estivese en Champions non ía chamar a Rubén. Para min o Dépor é máis que unha categoría ou outra. Gustaríanos que estivese no fútbol profesional, que fose importante aí. Neste momento, Segunda, Terceira ou Décimosexta. Para mín o Dépor é moito máis que unha categoría. En Primeira, Segunda, Terceira, décimosexta. A min é algo que non me condiciona. O Dépor representa algo diferente que calquera outro club”, dixo Rubén, e a algún ainda no lle vai quedar craro.

Ta só pensa en acadar a vitoria e sen poñerse a facer cábalas : “Non hai outra opción que non sexa a vitoria. Pero para o que sexa. Ou para confirmar a clasificación ou para ir a Soria no estadio de menor urxencia posible. Iso pasa por gañar o domingo. Non é #cuestión de facer cábalas. Está demostrado que cando falamos de quinielas e non de fútbol, o equipo está lonxe de ser aquilo que queremos que sexa. Hai que gañar ao Langreo, pero non por acabar ao tempada, senón sendo mellores que eles, indo de verdade. E se o resultado do sábado benefícianos, fenomenal. Pero se o Numancia gana, iremos a Soria a disputarnos o pase. E non hai ningún problema”.

Segundo o coruñés, o importante é a vitoria deles mesmos, como pasou ao final da 1ª Fase : “É un pouco similar ao que nos tocou vivir na última xornada da primeira fase. Nós, independentemente do que ocorra temos que gañar, coa particularidade de que esta vez o outro encontro xógase un día antes”…”se o resultado entre Racing e o Numancia acompaña…mellor que mellor”.

Moi ledo de que Riazor vaia a acoller a 5.000 afeccionados e compara a diferenza que será con respecto a xogar con 1.000 afeccionados, que día “será a Bombonera” : “representa a paixón e a afección do Deportivo ten esa paixón. É unha boa noticia a condición de que ocorra desde a seguridade. Hai que ir adaptándose á situación sen poñer en resigo a saúde. Pero se 1.000 parecéronme xa unha barbaridade, con 5.000 persoas Riazor vai parecer A Bombonera”.

No vídeo tes moito máis do que dixo e aquí resumimos.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies