Rubén de la Barrera pasou por rolda de prensa como cada venres antes do encontro da fin de semana. Toca visita ao CD Langreo, equipo asturiano ao que visitamos o vindeiro Domingo a partirs das 17:00 horas, (19:00 GMT). Alabou o equipo astur e espera un encontro moi duro : “É un equipo que me gusta, que asume iniciativa, que acumula xente dentro e suma pases que lle permite chegar por fóra con vantaxe. Teñen xogadores con presenza física, rápida e con bo pé tamén. Espero un partido complexo e duro”. Pero a sua mentalidade é que : “O obxetivo é gañar tódolos encontros desta fase”.
Tamén foi preguntado sobre a sua continuidade e dixo que : “Non hai novidades, estamos moi centrados no importante porque aquí é o de sempre; mentres ganas todo o mundo é un fenómeno e cando perdes tirámonos dos pelos”. Con todo iso admiteu que hai comunicación fluida coa directiva, na persoa do Director Deportivo, David Villasuso : “Dentro das vías de comunicación hai algo tan sinxelo como a naturalidade. As distancias, os ruídos, o ti aquí e eu alá, é algo que non concibo…Hai comunicación permanente. Hai ollos. Para min, a comunicación é con ollos, non por teléfono”.
Tamén tivo verbas de eloxio para Nacho Gonzále, que ca irrupciín de Diego Villares desapareceu do equipo por completo : “O de Nacho e a súa mentalidade e a súa día a día o que me produce é admiración. Que unha persoa chegue cun sorriso e unha predisposición total e absoluta, que adestre como o fai e aperte aos compañeiros faime sentir esa admiración”. Deu a entender que os xogadores que non están a participar xogarán se as cousas quedan aclaradas antes de tempo no concernente a clasificación : “Oxalá poidan aparecer momentos para que este tipo de xogadores teñan presenza”.
Preme no vídeo para ver o que dixo.
-Texto : piratasdemuxia
-Foto e Vídeo : RC Deportivo