ROLDA DE PRENSA DE RUBÉN DE LA BARRERA : “Nas rúas da Coruña “apoio e loita, ese espírito percíboo claramente”.

 

Rubén de la Barrera afirmou en rolda de prensa en Abegondo que o Deportivo afronta o encontro ante o CD Numancia deste domingo 18 de abril ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR (TVG) “coa ambición e o obxectivo de dar un paso importante á fronte; e poder selar o obxectivo canto antes. O equipo está preparado, ten ganas de redimirse despois da última derrota (en Langreo o pasado domingo)”.

O técnico deportivista confesa que percibe nas rúas da Coruña “apoio, loita. Ese espírito percíboo claramente. Todo o mundo que séntese deportivista quere gañar porque quere volver ver ao seu equipo no fútbol profesional, e xogando partidos ao máximo nivel. Pero agora toca centrarse noutra época totalmente diferente. Nada desexada pero iso é importante de cara ao futuro do Club”.

Por este motivo recomenda “ser conscientes de onde estamos e facer as cousas ben para volver recuperar todo iso. Apoio é o que noto e confianza. Oxalá ABANCA-RIAZOR estivese cheo de #ANOSAFORZA porque estou convencido que iso nos axudaría moitísimo”.

Este domingo, opina o adestrador branquiazul que “pasar de 500 a 1.000 afeccionados parece que non é moito, ou que é nada; pero a sensación que un ten cando xoga nun estadio baleiro é a de estar a facer outra cousa que non é un partido de fútbol. Un partido da importancia do do domingo, creo que é bo”.

Do CD Numancia, Rubén de la Barrera defíneo como un equipo “sólido, solvente, compacto. Concede poucos espazos. Teñen xogadores importantes arriba. Non necesitan xerar moito fútbol para poder dispoñer de situacións de finalización. Teñen xogadores determinantes tamén. O balón parado defensivo volverá ser moi importante para que eles non teñan opcións de nada”.

Por conseguinte, espera un partido “tremendamente axustado e competido. Iso é o que penso a día de hoxe e o que seguramente ocorrerá o domingo”.

Finalmente, en canto á posible fatiga mental polo formato da competición, sostén que “un equipo de alto rendemento está constituído por persoas que mentalmente teñen que soportar todo este tipo de situacións. A partir de aí, render, competir, ser mellor que o CD Numancia e levarnos os tres puntos. Son partidos moi importantes pero vimos xogando partidos moi importantes desde non se sabe cando”.

-Texto, Foto e Vídeo : RC Deportivo