Rubén de la Barera pasou por rolda de prensa como cada venres antes do encontro que toca. Dista volta o derradeiro dista tempada, o que nos enfronta o vindeiro Domingo 9 de Maio nos “Pajaritos” ao CD Numancia, a partires das 12:00 horas, (10:00 GMT) en horario unificado para esta que é a derradeira xornada, a que o Depor precisa un punto para poder entrar na Copa do Rei da vindeira tempada e no que os numantinos precsan unha vitoria e que o Ferrol non lle gañe o Marino de Luanc paraa vindeira tempada poder xogar na 1ª RFEF e non caaer a nova 2ª RFEF, o que suporía para os de Soria caer 3 categorían en duas tempadas.
De la Barrera falou do seu futuro no clube, para o que non poñe trabas pero o primeiro que quer é saber as pautas que se van a seguir : “Hai unha realidade. Son do Dépor, son da Coruña e quero o mellor para o equipo. Se pode ser conmigo no banco, mellor que mellor. Ao meu faime unha ilusión tremenda poder contribuír a que este club dun ou dez pasos á fronte. Non me escondo e dígocho. A miña vontade é a de facer o que estou a facer, tratar a opción do Deportivo como a importante. Pero non me vou a disparar aos pés, gústanme os cómos e as maneiras de facer as cousas. O feeling é buenísimo, hai comunicación desde o primeiro momento”.
“Hai que tratar e xestionar o nivel de expectativa que se xera. O equipo ten que ascender, non sei se nun ano ou en dous, pero ten que ascender. Xogamos en Riazor e este club non é de Segunda, é de Primeira División. Circunstancialmente estamos como estamos, e hai que poñer da nosa parte para recuperar o que tiñamos”.
-No vídeo tes todo o que falou deste tema e doutros.
-Vídeo e Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia