Richard Barral pasou por rolda de prensa para falar sobre como se moveu o RC Deportivo neste mercado invernal no que os que chegaron xa están a ser importantes no rexurdimento do equipo. Xente coma Fernanod Vázquez, Sabin Merino ou Çolak, sobre tódolos outros.
Xa puidemos ver os primeiros minutos de Uche Agbo e Claudio Beauveu, e falla por ver a Keko Gontán, Hugo Vallejo ou o meta Aleksandar Jovanovic.
As “espiñas” deste mercado para Richard foron non acadar a chegada de Pablo Insua e Celso Borges, cos que estaba todo arranxado. No caso de Insua foi o adestrador do Huesca o que frustou a chegada do de Arzúa, cando xa estaba todo listo para que viñese. Un adestrador que pasou de non contar con él a non querer deixalo ir.
Sobre os gastos non se gastaron os 2 millóns que había para facer fichaxes, xa que cas saidas chegaron cartos as arcas deportivistas. “A ollo, non gastamos nen a metade do que tíñamos para fichar”, dixo Barral, que quer chegar a un acordo con ÇOlak para que segua tras rematar esta tempada.
No vídeo de máis de 44 minutos de duración podes oir esta interesante rolda de prensa.
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es
-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo.
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.