Richard Barral pasou por rolda de prensa para contestar as preguntas dos xornalistas sobre as medidas a seguir polo RC Deportivo e a actualidade do equipo.
Richard Barral, Director Deportivo do Club, compareceu esta mañá ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo.
Asegura que “o que vai pedir o Deportivo é a repetición da última xornada. Aí vulneráronse todos os principios de equidade, competitividade, de limpeza, de fair play, de todo. Ninguén no seu san xuízo pode discutir que o que se fixo estivo mal”.
Insiste en que “se as dúas últimas xornadas de cada competición fanse á mesma hora é por algo. No que nos afecta a nós, Lugo e Albacete, que non teñen culpa de nada, non é o mesmo para eles estar a xogar mirando ao marcador de ABANCA-RIAZOR, que podes gañar no minuto 10 1-0 ou 2-0 ou mesmo perder e dicir ‘tranquilos que está a perder o Deportivo 0-1 ou 0-2’ e remontas nos minutos finais. Creo que foi un pouco o signo noso. Provocou todo isto unha adulteración total”.
Tamén lembra ao Elche, “que gañou o seu partido e meteuse en playoff. Dentro de 15, 20, 30 días, non sei cando, xogamos co Fuenlabrada nunha situación de descenso. Vós sabedes o difícil que ten unha preparación dese tipo para competir. É case imposible. Gáñanos o Fuenlabrada e o Elche queda fóra do playoff. Isto non hai por onde collelo”.
Richard recalca que “o máis normal é suspender a xornada e ímonos a tomar 24, 48 horas e fríamente pensar o que facemos a partir de aí. Fixeron o peor que se pode facer: xógase a xornada normal e non se xoga o Dépor-Fuenlabrada. Non ten ningún tipo de defensa”.
Por conseguinte, conclúe que o Deportivo pedirá “primeiro repetir a xornada. Se outros equipos séntense prexudicados como pode ser o Lugo ou o Albacete, temos que ir a unha situación de equidade onde ninguén senta prexudicado. Tanto Numancia como Deportivo, que tiñan opcións, que permanezan na categoría. Por arriba ou se xoga un playoff de máis equipos ou ter que tomar algunha medida equitativa. Isto non pode quedar así porque non hai ningunha razón legal, moral, ética para que se tome a decisión que se tomou”.
-Foto e Vídeo e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.