ROLDA DE PRENSA DE RICHARD BARRAL ATENDENDO AS CRÍTICAS E EXPLICANDO AS ACTUACIÓNS DO SEU DEPARTAMENTO.

 

Richard Barral compareceu en rolda de prensa para falar sobre os derradeiros movementos no mercado de fichaxes, así coma das críticas e preguntas dos xornalistas.

A grandes rasgos nunha comparecencia de cáseque unha hora e cuartodestacamos estes puntos :

Fichaxe frustrada de Sergio Merino

“Había acordo cas 3 partes xa dende o venres, tras pecharse a saida de Rolán. O xogador xa tiña firmado e estaba a espera de vir pasar recoñecemento médico e comezar os adestramentos, tan pronto o Mirandés pechase un xogador, que así o fixo, (Simón Moreno), pero todo se torceu pasadas ás 11 da noite do luns, por unha débeda antre os clubs, e sen avisar o Deportivo e sen tempo de manobra”…”Puido traerse un xogador en paro, pero non era o intre debido a que ainda se tería que poñer a punto. Falouse co corpo técnico e decideuse subir a Rayco”.

Diego Villares

“Xa estaba falado co corpo técnico o de subilo o primeiro equipo e non estivo contra Unionistas poque estaba confinado coma os xogadores do Fabril”…”Xa adestrou con Fernando e avisouselle a sua condición de maior de 23 anos e non había ficha para subilo. Xa estaba tomada a decisión de subilo o primeiro equipo”.

Rayco

“Estaba na mesma situación ca Villares e se se libraba outra ficha íase a subir a primeira plantilla, e apareceu a ficha e por eso se lle deu a oportunidade”.

Luis Fernández

“O xogador estaba dacordo en vir, pero o seu club non nos deu nin unha cantidade para poder negociar, xa que estaban interesados en que siga e renovalo”.

Diego Rolan

“Era un xogador que por motivo de que as ofertas no vrán eran insuficientes tivo que quedar ca plantilla xa feita, e era economicamente complicado. Chegou o interese do equipo exipcio e fixose unha cesión con opción de compra. Para os tempos que estamos é unha boa operación. Hai que ser consecuentes co que está pasando. Xa estaba decidido dende principio. A ampliación do seu contrato está a expensas de como se adapte o país”.

Ofertas por xogadores

“A plantilla tivo 3 ofertas por xogadores de equipos da 1ª División”.

Confianza no proxecto

“Vexo o equipo moi unido e o corpo técnico con moita enerxía da óstia e creo que con tranquilidade sonseguirase”.

Fernando Vázquez

Non se veu apuntado nas críticas de Fernando Vázquez tras ser destituido : “Dixo cando marchou que a relación conmigo era boa…Foi unha decisión tomada antre todos valorando a situación”.

Acostumado as críticas

“Son da Coruña e deportivistas e xa sei que se eres xogador, directivo, ou o que sexa, é máis complicado o que fagas. Cando estiven na outra etapa facíamos equipo para permanenza en Primeira e consigueuse e había críticas igual”.

Culpable da situación do equipo

Culpo a diversos factores que o equipo esté na situación na que está. Factores como as lesións, e o rendemento dalgún xogadores, antre outros e considerouse : “Culpable da situación da plantilla. a cal tanto vos, (xornalistas), coma dende fora e dentro do clube falábase de que se confeccionara unha plantilla moi boa, e non pasou así. Pido unidad e calma e ir partido a partido e despois cado esto acabe pedir e depurar responsabilidades”.

O que faltou?

Non se tocou para nada a marcha de Rui costa e en que condicións se levou a cabo, xa que foi con rescision de contrato.

No vídeo pode escoitar todo o que dixo a máis grandes rasgos.

-Foto e Texto : piratasdemuxia

-Vídeo : Canle de YouTube : RC Deportivo