ROLDA DE PRENSA DE RETU : “SEMPRE TEÑO CONFIANZA EN MIN, CADA UN SABE O QUE TEN”.

 

Alberto Retuerta recoñeceu esta mañá na sala de prensa que “empezamos con mal pé, pero o equipo futbolísticamente está a xogar ben, está a facer bos partidos. Tivemos un pouco de mala sorte en ABANCA-RIAZOR. Tivemos bastantes ocasións para poder levarnos 3 puntos moitas veces”.

Cre que o partido deste domingo 29 de outubro en ABANCA-RIAZOR ante o Nàstic de Tarragona (19:00, TVG-2 e FEF TV) “é unha boa oportunidade de ante o líder poder demostrar que en casa tamén somos fortes”.

Confesou que está “moi contento ao ter a oportunidade. Eu creo que a aproveitei bastante ben, pero o importante son os 3 puntos, que o equipo tivo boas sensacións nun campo difícil, que nos adaptamos bastante ben ao seu xogo”.

Compañeiro de banda esquerda con Hugo Rama na Nova Creu Alta, atopouse “moi ben. Era un partido complicado por como estaba o campo, polas necesidades que tiñan eles tamén de gañar. Quitando o golpe que me dei no minuto 5 que me deixou un pouquiño amolado durante todo o partido, Hugo Rama, Pablo… axudáronme bastante no que son as coberturas e as axudas. Atopeime bastante cómodo, que é bastante fácil estar cómodo cos xogadores que temos no campo”.

Retuerta asegura que nos momentos sen minutos, a clave é “traballar, seguir facendo o que me gusta para ter a oportunidade e estar preparado para cando a teña, estar a tope”.

Nesta liña lembra que “eu viña adestrar coa mesma ilusión, coas mesmas ganas. Falei co míster, confía en min e eu dicíame que tiña que estar preparado para cando me chegase a oportunidade e así foi. Eu seguín adestrando a tope para iso”.

Agora, o defensor deportivista márcase como obxectivo “seguir aí todo o tempo que poida. Logo será a decisión do míster. Quero seguir así, entrando igual, xogando igual e tentando que o equipo poida seguir na xeira que temos e que podamos despegar dunha vez”.

Finalmente, comenta que sentiu arroupado por parte do equipo, que “sempre estivo encima de min apoiándome, facéndome saber que tamén vallo. O alicerce fundamental é a familia. Onde máis che apoias é neles. Sempre me fixeron confiar e en non tirar a toalla para este momento”.

-Foto, Vídeo e Texto : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies
PHP Code Snippets Powered By : XYZScripts.com