ROLDA DE PRENSA DE RAYCO : “Non está na nosa cabeza, nos nosos pensamentos, descender. Imos mirar para arriba e non para abaixo”.

 

Rayco pasou por rolda de prensa e espera qie den “a mellor versión” para gañarlle ao Pontevedra CF, xa quepara él este e os dous encontros que quedan son, “igual de importantes”, polo que o que teñen é que “facerse fortes e sacar os 3 puntos”.

Non mira hacia abaixo : “Non miramos para atrás. É verdade que o descenso está detrás, pero miramos cara adiante. Non está na nosa cabeza, nos nosos pensamentos, descender. Imos mirar para arriba e non para abaixo”.

Soña con marcar gols e di que todos están desexando marcar : “Soño sempre con marcar moitos goles e se é con esta camiseta, mellor. Pero non estou ansioso. Todos queremos marcar e imos traballar para mellorar esa definición. Crear ocasións para poder metelas. Se xeramos dous e non as metemos, pois haberá que xerar 10. É no que traballamos día a día”.

-Todo o que dixo telo premendo no vídeo

 

C. Vigo B-Depor xa ten data e hora

Primeiramente informar de que o Coruxo-Racing de Ferrol desta vindeira xornada foi aprazado por dous positivos no Ferrol, polo que o resto de xogadores quedan confinados. Dede o clube ferrolán piden a suspensión da xornada.

O C. Vigo B-Depor xogarase o Domingo 14 de Marzal en “Barreiro” a partires das 11:30 horas.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

 


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies