ROLDA DE PRENSA DE RAYCO : “ACABAREMOS ENTRANDO, SE ALGUÉN O PODE CONSEGUIR É O DEPORTIVO”.

 

O xove canteirán Rayco deu a sua primeira rolda de prensa como xogador da primeira plantilla e amosouse cotento e disposto a expresar : “frescura e así ir todos xuntos”.

“O do Domingo vai a ser un encontro moiduro. Vase pechar atrás e buscar algunha contra”, segundo Rayco, que di que ren “plena confianza no equipo e acabaremos entrando, se alguén o pode conseguir é o Deportivo”…”Este encontro hai que gañalo é super importante e o equipo sábeo”.

Confesou atoparse “xenial” no seu debut co primeiro equipo o pasado domingo no campo do Vao: “É un grupo incrible. No campo sentínme como fóra do campo. Estou xenial con eles, falo con todos. No terreo de xogo sentínme moi solto, moi a gusto. O resultado non foi o que esperamos pero isto levántase”.

E levántase porque, segundo o atacante deportivista, “nótalo en cada adestramento, cada vez que chegas ao vestiario, esas caras, esa ilusión, iso que che entra polo corpo cando o adestrador che dá unha charla. Séntelo no corpo cando saes a adestrar, como corremos detrás do balón, como loitamos, como pelexamos. Este partido vai ser súper importante e o equipo sábeo. Imos ir a matar a por eles”.

Tanto el como Diego Villares, “vimos achegar cousas positivas, frescura, xente con ganas. Xa o hai no equipo pero nós ao vir de abaixo sentimos esas ganas de correr, de pelexar, de loitar por cada balón. É o que tentamos expresar a todos os compañeiros para así ir todos xuntos”.

Subliña o atacante canario que “está a disposición do equipo. Se me necesitan de titular de titular, de suplente de suplente. Só quero achegar o mellor para o vestiario. O obxectivo é gañar. Faríame moita ilusión xogar de titular pero non depende de min. Traballo para gañarme un posto primeiro entre os vinte e logo entre os once”.

O domingo 14 de febreiro ante o CD Guijuelo en ABANCA-RIAZOR (17:00 horas, TVG), vaticina “un partido difícil. Nesta categoría son todos rivais duros, dá igual a posición na que estean. Creo que o rival se vai a encerrar atrás un pouco, expoñer contras. Nós temos que saber liquidar esas situacións e gañar o partido desde o minuto un”.

Advirte que o domingo “é a primeira final e ímola a afrontar así. Necesitamos gañar, necesitamos meter goles. Teño plena confianza neste equipo porque o demostramos cada día, nos adestramentos, nos partidos… Estou seguro que acabará entrando e acabaremos gañando. Queremos gañar estes cinco partidos e a iso imos”.

En canto á falta de gol, con varias xornadas sen ver porta, Rayco está disposto a “achegar o que sexa. Se son goles, goles, se é traballo, traballo, enerxía para a presión alta… O equipo traballa día a día para cando cheguemos ás situacións de gol metelas. E é o que imos seguir facendo. Teño clarísimo que nalgún momento van chegar os goles”.

Desvela que Rubén de la Barrera “díxome que se me subiron é para que siga facendo o que estaba a facer no Fabril, que encarase, que tivese desborde, que tivese esa personalidade para tentar un contra un. Isto é fútbol e fútbol é ir cara a adiante, tentar dar solucións ao equipo. Díxome que sexa atrevido, que tente sacar algo positivo para o equipo. E é o que vou facer”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies