ROLDA DE PRENSA DE RAÍ : “NON PENSAMOS MÁIS ALÓ QUE NO PRÓXIMO ENCONTRO, QUE O TEMOS QUE SACAR”.

Q

 

Raí Nascimento pasou por rolda de prensa e amosouse con “orgullo e afán de traballar e querer demostrar”, no Depor : “Cando xogas ao fútbol pensas en dar o mellor, sexa o escudo que sexa. O equipo que sexa. Eu empecei xogando na rúa e aí non levaba camisetas. Nunca tiven oportunidades de estar nun gran club. É de apreciar poder levar unha camiseta e hai que gozar ao máximo. Porque o día de mañá non sabes onde estarás ou que estarás a facer. Non sinto presión, sinto orgullo, afán de traballar e querer demostrar”.

Di que só pensa no Pontevedra, en nada “máis alá” do equipo pontevedrés : “Xa estamos enchufados para xogar contra o Pontevedra. Está complicado para todos. Está todo moi igualado. O que gañe parecerá que está dentro e o que empate, fóra. Pero non temos iso na cabeza. Hai que sacar o partido e seguir traballando. É un partido moi importante, pero o sería tamén se gañásemos ou empatásemos ante o Racing. Non pensamos máis aló”.

-Preme no vídeo para oir todo o que dixo.

-Vídeo e Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdmuxia