ROLDA DE PRENSA DE RAFA DE VICENTE : “O OBXETIVO É TRATAR DE ASEGURAR A SEGUNDA PRAZA”.

 

Rafa de Vicente, un dos futbolistas do vestiario de Abegondo que máis fresco ten na memoria un playoff ao disputalo a pasada temporada co UCAM Murcia, foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

O mediocentro deportivista apunta antes de nada que estes días de descanso que gozou o equipo ao non xogar ante o Extremadura UD viñeron “moi ben, moi necesarios. De cando en vez non vén mal parar un pouquiño, coller forzas e estar coa familia que é para o que están eses días. Recargamos pilas para afrontar este último tramo, que é practicamente un mes”.

Sobre o que queda de liga, lembra que “aínda non hai nada asegurado e vénnos ben nestes últimos partidos estar a nos xogar esa segunda praza que é moi importante. Vainos a axudar a chegar ao playoff o mellor posible, coa mellor dinámica de competición; así que a tratar de sacar todos os partidos que nos quedan”.

Non se fía do xa descendido CD Tudelano, rival do Dépor este sábado 14 de maio ás 17:00 en ABANCA-RIAZOR (TVG-2, Footters e Fuchs Sports): “Por moito que veñan descendidos, xogar en ABANCA-RIAZOR sempre é unha boa motivación para o equipo contrario. Eles virán sen esa presión e imaxínome que virán gozar e a gañar. Como está a categoría calquera equipo pódeche competir, pódeche gañar. Nós está claro que temos desde o principio que demostrar que nos queremos levar o partido como fixemos estes partidos anteriores e non dar pé sequera a que poidan complicarnos o partido porque nós temos que gañar si ou si”.

Tampouco lle sorprende a traxectoria do Racing de Ferrol, terceiro na clasificación a tres puntos de distancia do Dépor, porque “é un equipo moi forte. Demostrouno todo o ano e estao demostrando sobre todo nesta parte final, cando os bos equipos demostran que queren estar arriba. Ten moi bos xogadores, un equipo moi sólido e que probablemente no playoff sexa un equipo dos máis complicados”.

Rafa de Vicente insiste en que o obxectivo é “tratar de asegurar esa segunda praza que che dá certa certa vantaxe. Sufrina o ano pasado, xusto ao contrario, cando nos enfrontamos ao Ibiza. É certo que che dá certa tranquilidade, aínda que tampouco te podes relaxar porque nun playoff até o mínimo detalle pódeche prexudicar”.

Confesa que “estivemos tamén vendo o vídeo do partido (do UD Logroñés), valorando as cousas que se fixeron moi ben, que foron moitas, e tamén corrixindo pequenos detalles. Ese é o noso camiño a seguir, é o que imos ter que facer esta fin de semana e o tipo de partido que imos ter que propoñer nós no playoff. Está ben telo preto, moi recente porque iso tamén axuda ao grupo a crer que todas esas cousas que fixemos ben nese partido podémolas volver repetir”.

Finalmente, o futbolista andaluz opina que xogar en ABANCA-RIAZOR o playoff “dános aínda máis ganas porque vaiche a dar un aliciente, un plus desa motivación que se xa no playoff non fai falta, sempre dáche un pouquiño máis. Vémolo dunha maneira moi positiva”.

-Foto, Texto e Vídeo : RC Deportivo

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies